9 de xuño de 2010

OURENSE

RECITAL DE NOVELAS HISTÓRICAS NO CENTRO CULTURAL DA DEPUTACIÓN


Infogauda / Ourense

O Centro Cultural da Deputación acollerá esta tarde unha nova modalidade de recital. En lugar dos clásicos recitais poéticos, o centro acollerá un recital ou lectura dramatizada de novelas históricas españolas.
O acto, baixo o título xenérico de “Dramatización de nuestra quimera”, contará coas voces de Marisa Calvo, Fernando Gabelo, Carlos García-Manzano e o guión do profesor Manuel Zabal.Será, a partires das 20:15 horas, no salón de actos do Centro Cultural, onde se poderán escoitar pasaxes das novelas románticas de Larra, Espronceda ou Vicetto.

Ningún comentario:

Publicar un comentario