9 de xuño de 2010

A GUARDA

ÁBACO E A GUARDA OUTLET



Ábaco / A Guarda
A Asociación do Baixo Miño de Comerciantes e Empresarios ‘ábaco’ mantivo unha reunión cos socios no día de onte, 8 de xuño, para tratar a 3ª edición da Feira de Oportunidades que organiza esta entidade.
Hai socios moi interesados en participar nesta 3ª Feira “A Guarda Outlet”, unha feira de stocks que se celebrará os días 31 de xullo e 1 de agosto en A Guarda.



O prazo de inscripción quedou aberto desde o día de onte para todos os comerciantes (SOCIOS E NON SOCIOS) que queiran participar na mesma, ata o viendeiro martes día 18 de xuño. As follas de inscripción e as bases desta campaña poden solicitarse nas oficinas da Asociación ‘ábaco’ en horario de 9 a 1 e de 4 a 7.

Animamos unha vez máis a todos os comercios a participar nesta actividade e a informarse sin compromiso. Para máis información podedes chamar ao teléfono 986 610 887 ou persoalmente. Recordade que agora estamos na rúa Ireira, 9 – baixo.

3ª FEIRA DE OPORTUNIDADES: Sábado 31 de xullo e domingo 1 de agosto.
PRAZO DE INSCRIPCIÓN: do 8 ata o 15 de xuño (ambos incluídos).

Ningún comentario:

Publicar un comentario