CRÓNICA 5: DE PEDAGOXÍAS INSURXENTES
Iván Prado / San Cristóbal de las Casas
Cada sesión é unha nova dose de realidade, un chute para a conciencia e un alivio para a alma. Poucos espazos coñecín eu tan reveladores e inspiradores como o Festival de na Rabia do ano pasado en San Cristóbal, ou este Seminario Internacional de Reflexión Crítica. Hoxe volvo andando ao centro da cidade histórica −á casa− emocionado, disposto a celebrar un estraño fin de ano en Chiapas. A primeira vez que non estou nun caracol coas comunidades zapatistas festexando, bailando, abrazando o un de xaneiro revolucionario. Dende 1996 en La Realidade , o 2004 en Roberto Barrios, o 2005 en ala Garrucha , o 2009 en Oventic; cada 1.º de xaneiro mexicano celebrábao botando uns vivas ao EZLN. Esta noite farémolo nas rúas de San Cristóbal camiñando xunto ao recordo de aquel 1 de xaneiro do 1994, quizais co sono de ver de novo o pazo municipal tomado polos pobos indios.
Camiño e recordo... recordo palabras que me alimentan por dentro, reflexións que falan de pedagoxías da insurxencia, que xeran praxes revolucionarias de amor. Din aquí que o antisistema pode ser que quede curto para explicar o facer revolucionario das vidas, costumes e prácticas de certos movementos indíxenas que están a cambiar América dende Ecuador ata México; loitas e formas que son insurxencias antiepistémicas, así como a resistencia é superada pola insurxencia que se volve proactiva e propositiva; o antiepistémico supera o antisistema por xerar novas formas de construción e pensamento.
− Pensa, compa, que as comunidades son unha matriz de poder en si; − mimá!, xírome e non vexo a ninguén. É de noite e nestas colonias a xeito de favelas urbanizadas a noite escóndese dos pequenos farois que iluminan os meus medos e a miña imaxinación. Pero quen me fala? Oh, non! outra vez as voces... Baixo a mirada e véxoo, é un can vello e descastado, un saco de ósos e pulgas que camiña e parece que fala...
− Aquí, o que se escoita na serra, é os berros da vida, óelos??− O que penso é que bastante teño con oírte como para oír tamén a serra (dígome a un mi mesmo que vai máis ben inside); pero o can... ben, o que sexa, volve á carga.
− A loita é facer presente o ausente, convocar a cultura do vivo, o centro da nova política, compa; é o corazón epistémico onde o bo vivir é vivir ben como din...
− Ehh! para o carro colega, que o forno non está para bolos. Mira: primeiro, que igual que che digo unha cousa che digo a outra, ¿ehh?; segundo, todo iso do que falas xa contouno esta tarde a muller que viña do Ecuador, ¿oíches?, que o concepto é o concepto; e terceiro, e último, ¿que vai saber un can de palleiro de epistémico se eu non teño nin idea do que significa?
− Un rai, amigo? Levámoste ao centro?
− Host... ehh? Si, si, mimá! Grazas que aparecedes,− dígolle aos compas que paran o seu carro para recollerme− estaba tan perdido que ata falaba cun can vello que...
− Que can? −preguntan− non vimos ningún.
Fundido en negro.
As 3 da mañá. Éntrame a morriña das comunidades e, de camiño a un bar de música, dou −solitario− unha volta por este San Cristóbal cheo de xente celebrando e sen pasamontañas nas rúas...
Sento nun banco diante da catedral, a mesma que acolleu os diálogos de 1994, que deron a coñecer o verdadeiro rostro da revolta indíxena.
Entón rememoro as charlas da tarde, xa non sei se do foro ou dun can vagabundo, e pregúntome a min mesmo, −algo que fago dende neno− pero, é posible un movemento antisistema dende arriba?
− Mira, meu cuate, esa pregunta está ben; pero quizais a cuestión é se podemos sairnos do sistema ou non. É máis, ¿acaso non abandonamos a sociedade das ferramentas pola sociedade dos sistemas? − Ben, esta vez, polo menos, é un ser humano o que me fala; iso si, borracho como unha cuba ulindo a posh que apesta, descalzo e cunha chamarra de antes da revolución do primeiro Zapata. Segue, a vai que era unha pregunta desas que non esperan resposta.
− Sistemas que nos canalizan e nos fan dependentes, envólvennos e limítannos; é máis− pregunto eu − serían posibles sistemas alternativos?; como dixo o relator da tarde: «un coche é unha ferramenta ata que subo a el e o acendo, a partir dese momento intégrome nunha rede viaria, nun sistema de leis e normas de tráfico, que limitan a miña capacidade creativa»; apoco non??
Deseguido vólvese botar sobre as escaleiras da catedral e empeza roncar.
Voume asubiando unha canción dos Ketama: "no estamos lokos que sabemos lo k "...
Finalmente todo é cuestión de proporcións− xa o dicía Pitágoras− e na sociedade capitalista a proporción suplántase polo binomio valor-beneficio. Así que, proporcionalmente, para o bar me vou bailar que para iso é 1.º de xaneiro.
PD: Volver a nosa mirada á proporción das cousas e desbotar o sistema quizais sexa unha boa receita para tombar a ditadura do mercado. "Proporción ou barbarie", di unha pintada nun muro de San Cristóbal e se non o di o pinto eu.
− Subxectividade do común ou obxectividade do disociado, esa é a cuestión querido Hamlet− berra un taxista mentres me pasa rozando. Tranquilo... tranquilo dígome a min mesmo, aínda que por dentro me sae en chairego "o importante é non mancarse".
Ou sexa que, resumindo: non competir coa vida senón aliarte con ela, ou para non a pasar impoñendo razón á subxectividade. Nin máis nin menos, nin menos nin máis.
http://www.pallasosenrebeldia.org/

Ningún comentario:
Publicar un comentario