26 de xan. de 2010

A GUARDA

ESQUERDA UNIDA PRESENTA UNHA MOCIÓN PROPONDO QUE OS AUTOBUSES E TAXIS FAGAN USO DAS INSTALACIÓNS DA SANGRIÑA
González Morais denuncia o caótico funcionamento do tráfego no centro da vila


O abaixo asinante José Antonio González Morais, representante do Grupo Municipal de Esquerda Unida, no Baixo Minho, presenta a seguinte Moción ao obxecto de ser incluída na orde do día do Pleno ordinario e debatida no mesmo coa seguinte,
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS:
É certo que as obras que se realizan en todos Concellos causan molestias a cidadanía, pero este feito non é para escudarse no caótico funcionamento do tráfico no centro de A Guarda.
Dende EU decimos que algunha culpa a ten os vecinhos que viven no centro xa que non colaboran e queren chegar co coche ata o punto de destino, podendo facelo a pé.
O concelleiro de tráfico dixo que faría un plan para evitar o caos circulatorio e ata día de hoxe todo está peor. Por Concepción Arenal os autobuses baixan con moita dificultade - a verdade e que non baixa ningún - e para sair é unha tortura para os condutores.
Na R/ Enrique Mª Sexto e Manuel Álvarez estacionan nas curvas, cando chove e fins de semana o tráfico é mais denso, fánse uns atascos de 300 m, e isto se dificulta polo estacionamento en dobre fila. ¿Por que non se ven gardas municipais por esta zona? ¿Onde están os 8 gardas municipais? “Un dá paso e o outro manda parar”, caos total......etc.
¿Cando teremos a R/ de Galicia sen turismos para dar saída cara Baiona e Tui?
¿Cando os autobuses e taxis estarán fora do casco urbano? Pomos un exemplo: os taxis poden estar na R/ Avda de Portugal.
A Estación de autobuses a día de hoxe é unha centro para o chute e trapicheo, e algunhas veces local para concertos, e revisión da ITV.
DENDE EU SOLICITAMOS:
Que o concelleiro de tráfico ponha en marcha algunha iniciativa de colleita propia ou allea.
Que se dirixa a Consellería de Medio ambiente, Territorio, Infraestruturas Dirección de Transportes (CP TOPV) para que os autobuses e Taxis fagan uso das instalacións.

Ningún comentario:

Publicar un comentario