26 de xan. de 2010

A GUARDA

A WEB LAGUARDIAENIMAGENES CUMPLE CATRO ANOS DE LABOR INFORMATIVA
Infogauda / A Guarda


Que algúns representantes de institucións locais non conten cos medios de comunicación independentes, non fai senón acreditar á necesidade de que eses medios sigan facendo súa labor, adicándolle todo o tempo que conleva - que certamente é bastante -, redactar á información, comentarios, realizar reportaxes, etc., para poder ofrecer os internautas moitas novas que algúns lles gustaría que non se pubricasen.
Sen prebendas de ningún tipo, aínda quedan persoas, como os colegas de Laguardiaenimagenes, que fán da labor informativa un exercicio de auténtico altruismo. Por iso, cando non é doado traballar por amor a arte, cando moitos tan soio movén o cú por cartos, cando algúns profisionais da política tentan ignorar que fora das institucións hai persoas que aspiran a que os cidadáns de A Guarda sexan tratados con respecto, sen mirar se son ou non "dos nosos", como adoita decir o persoeiro maior; é necesario que haxa medios informativos como Laguardiaenimagenes.
Parabéns pola labor que vindes desenvolvendo desde fai catro anos e que os internautas saben valorar e agradecer.

COMENTARIOS DOS LECTORES:

Es emocionante. Y debe servir de modelo que un colega casi competencia se felicite y felicite al otro por los años de labor y sacrificios en beneficio nuestro, mayormente de los que nos encontramos fuera de nuestra CASA. Eso sí es democracia, educación y CABALLEROSIDAD. >>Felicidades<<.

Sobre el "churro" de la Alameda valen mas las imagénes que las palabras.

Saludos

A.P.A (Minguillo)

Agradecemos dende LaGuardiaenImagenes o apoio que sabemos temos deste outro medio de comunicación libre que é Infogauda. Esperamos que vos tamén cheguedes non só os 4 se non os 100 anos ofrecendo información sen enmendas nin xabón. Gracias.

Ningún comentario:

Publicar un comentario