2 de out. de 2009

A GUARDA

O INVESTIGADOR OSCAR OCTAVIO NOYA GONZÁLEZ, APOIA Á PROPOSTA DE HOMENAXE Ó POETA XOSÉ CARLOS GÓMEZ ALFARO



De esquerda é dereita: O profesor Xosé Gregorio Ferreiro Fente; o académico Xesús Alonso Montero e o poeta Xosé Carlos Gómez Alfaro, no Centro Cultural da Guarda, o 26 de marzo de 2005, co gallo da homenaxe a Lorenzo Varela
Imaxe: Arquivo Infogauda


Infogauda / A Guarda

Pouco a pouco, as testemuñas de apoio á proposta de homenaxe póstuma o poeta Xosé Carlos Gómez Alfaro van a máis. É algo que xa non tén volta de folla. O tempo que agardamos que se produzan máis adhesións, salientamos que o prestixioso investigador Oscar Octavio Noya González, natural de Venezuela ainda que de ascendencia galega - súa nai, Consuelo González de Noya, era da aldea de Saa, na bisbarra do Ribeiro, e seu pai, Oscar Noya Domínguez, do Barrio do Muro, de A Guarda -, vén de presentar este venres día 2 de outubro, no Concello de A Guarda (Rexistro de Entrada nº 7.105) unha instancia na que en síntese dí o seguinte:

1º. Que está de acordo con a proposta de nomear ao profesor e poeta Xosé Carlos Gómez Alfaro, Fillo Adoptivo de A Guarda,

2º. Que Xosé Carlos Gómez Alfaro viviu e traballou na Guarda, e foi eiquí precisamente onde xestou moitas das súas obras legándonos colleitas abondosas e un repertorio fermoso de poemas nos que A Guarda estuvo sempre presente.

3º. Que Xosé Carlos Gómez Alfaro, supo exercer como profesor e como escritor e poeta, mantendo un firme compromiso coa nosa xente, coa nosa Lingoa e coas libertades democráticas.

En base os méritos acreditados por Xosé Carlos Gómez Alfaro, é un acto de xustiza nomealo Fillo Adoptivo de A Guarda


APOIO a SOLICITUDE:
Que o Alcalde de A Guarda, convoque un Pleno Extraordinario con un único punto na Orde do Día:

- Proposta de homenaxe póstumo o profesor e poeta Xose Carlos Gomez Alfaro.
E dese xeito, segundo o previsto no vixente Regulamento de Honras e Distincións, dar escomenzo o procedimento para nomear a Xosé Carlos Gómez Alfaro, Fillo Adoptivo de A Guarda.

A Guarda, a 30 de Setembro de 2009.


Sr. Alcalde – Presidente do Concello de A Guarda


Nota da Redacción de Infogauda:

Oscar Noya Domínguez, é médico, PhD, Profesor da Facultade de Mediciña Tropical da Universidade Central de Venezuela. Desenvolve súa labor investigadora nas Áreas de Parasitoloxía, Inmunoloxía e Vacunoloxía.

Dirixe o Laboratorio para estudos sobre Malaria da Dirección de Malarioloxía do Ministerio de Sanidade en convenio coa Universidade Central de Venezuela (UCV) i é membro da Cátedra de Parasitoloxía do Instituto de Mediciña Tropical, Facultade de Medicina (UCV). É profesor dos Postgrados Nacional de Parasitoloxía, Inmunoloxía (UCV, MSAS e IVIC) e Epidemioloxía de Enfermedades Metaxénicas e Saneamento Ambiental (Malarioloxía, MSAS).
Ademáis das actividades de docencia de pre-grado en Parasitoloxía e Inmunoloxía e da docencia de Postgrao, é asesor do Ministerio de Sanidade e coordina varios proxectos de investigación na área do inmunodiagnóstico, desenvolvemento e evaluación de vacinas utilizando péptidos sintéticos en equistosomiasis e malaria.

O Dr. Oscar Octavio Noya González e súa esposa Belkisyolé Alarcón de Noya, médico e investigadora da UCV, veñen a vila de A Guarda sempre que súas tarefas profisionais llo permiten. A familia Noya Alarcón tén á Guarda e os guardeses, sempre na lembranza. "Meus amigos son os mesmos cos que xogaba no "Puente", cos que ía a pescar con variscas, e mesmo cos que ollábamos as películas de cine, que traía meu pai de Venezuela, ..., nas miñas estadías na casa dos meus avós, nas vacacións escolares (...)", dixo a Infogauda o Dr. Noya González, ex-alumno do Colexio Lábor, de Vigo, e - por desexo de seu pai, Oscar Noya Domínguez -, da Universidade de Santiago de Compostela.

TRIBUNA LIBRE

INFORME DEMOLEDOR SOBRE LA GRIPE A
Hola
Esta vez no te pregunto cómo estás, sólo deseo que estés bien.
Verás porqué me repito con esta entrada.
He recibido un vídeo de una amiga de Lobo Astur, me parece MUY INTERESANTE, y supera a todo lo publicado con respecto a la “gripe A”.
Teresa Forcados es Médico Especialista en Medicina Interna, se doctoró en Barcelona y se especializó en Estados Unidos.
Es religiosa benedictina (creo que debo de decir, Sor Teresa Forcades).
Ésta religiosa es una activista contra las grandes multinacionales farmacéuticas, pero no te vayas a creer que es porque fabrican píldoras abortivas o anticonceptivos, eso no le preocupa en lo más mínimo, se trata de una cuestión economicista ya que ella cree que se enriquecen desmesuradamente a costa de los ingenuos consumidores, poniendo incluso en juego su salud.
Hace ya tiempo que la hermana benedictina Teresa Forcadas se prodiga en el espacio público, y ya hace casi el mismo tiempo que sus manifestaciones chocan frontalmente con la enseñanza de la Iglesia, a pesar de su condición de monja y su calificación de teóloga.
Pero aparte de “digamos esta exposición de parte de su curriculum”, de su alma revolucionaria, feminista, que no está en contra del aborto y un largo etc. (me pregunto ¿cómo es posible que sea monja?) de una manera muy fácil de entender, Teresa Forcados, nos explica que es la gripe A.
Te prometo que no tiene desperdicio, aunque el víeo es largo, te garantizo que entenderás todo lo que dice.
Pasa esta entrada, a todos tus contactos, hazla correr, pues mucho me temo, que nuestros responsables políticos, se están apuntando al juego de los poderes económicos, sin importarles para nada el riesgo que puede correr la población.
http://loboastur.blogspot.com/2009/10/demoledor-informe-sobre-la-gripe.html
Demoledor Informe sobre la Gripe A

"La ignorancia humana no permanece detrás de la ciencia, crece tan rápidamente como ésta".
Stanislaw Jerzy Lec (1909-1966) Escritor polaco de origen judío

CAMINHA

"Outubro é Música" arranca amanhã


Infogauda / Caminha
O dia 1 de Outubro é consagrado à Música. À semelhança do que aconteceu no ano passado, a Câmara Municipal de Caminha vai comemorar esta efeméride durante todo o mês, dado que o concelho tem uma relação muito especial e estreita com a arte musical. Assim, a Autarquia agendou para os 5 sábados de Outubro, espectáculos musicais variados e que vão decorrer em diferentes espaços culturais do concelho. O Mês da Música arranca a 3 de Outubro, às 21h30, com o concerto Somos dois? Somos três? & Somos muitos, a cargo da Orquestra de Cordas Júnior da Academia de Música Fernandes Fão, do Coro de Câmarada Academia de Música Fernandes Fão e da Orquestra de Câmara do Conservatório de Música da Maia, e que terá lugar no Auditório do Centro Cultural de Vila Praia de Âncora.
O dia 10, é dedicado aos mais pequenos com a realização do concerto pedagógico Pequena História de Instrumentos Musicais, a cargo da Academia de Música Fernandes Fão, e que decorrerá na Biblioteca Municipal de Caminha e na Ludoteca/Biblioteca de Vila Praia deÂncora. No dia 17, o Centro Cultural de Moledo servirá de palco ao espectáculo com a Banda Pólen, cujo vocalista é o conhecidoapresentador de televisão Hélder Reis. Dia 24, a banda Brothers Souls animará a sala de Espectáculos do Grupo Recreativo e Cultural dos Amigos de Seixas.
O Mês da Música encerra com chave de ouro, com um concerto de contrabaixo e piano, com Jaime Alvarez e Olga Baranova, no dia 31, no auditório da Santa Casa da Misericórdia de Caminha.
Para além da programação da Câmara Municipal, ainda poderemos assistir no dia 4, ao concerto coral com a participação do Choral Phydellius, de Torres Novas, e do Orfeão de Vila Praia de Âncora, que terá lugar na Casa do Orfeão; e no dia 15, ao concerto de música de Câmara enquadrado no 21º aniversário da Academia de Música Fernandes Fão, com o espectáculo Tempo de Amar& Música de Câmara.
É assim o mês da Música em Caminha... uma diversidade cultural.

PONTEVEDRA

DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA
PREVISIÓNS INFORMATIVAS



Infogauda / Pontevedra
SÁBADO, 3 DE OUTUBRO DE 2009
16 horas
Certame de bandas no Pazo da Cultura de Pontevedra. Interveñen, dentro da sección segunda, as bandas Xuvenil de Barro, Xuvenil de Xinzo, de Rubiós, Xuvenil de Torroso, Popular de Moaña e Agrupación Musical de Goián. Na sección primeira, interveñen, as bandas Unión Musical de Meaño, Municipal de Valga, Atlántida de Matamá, Municipal de Caldas de Reis e Agrupación Musical de Vincios. Actuará como agrupación invitada Odaiko Percussion Group.
19 horas
Proxección da película "Sangre de mayo", de José Luis Garci e Horacio Valcárcel, con Quim Gutiérrez, Manuel Galiana, Lucía Jiménez, Miguel Rellán, Manuel Tejada, Fernando Guillén Cuervo e outros dentro do ciclo de cine e conferencias da Guerra da Independencia. No Novo Museo de Pontevedra.

DOMINGO, 4 DE OUTUBRO DE 2009
12 horas
Proxección de "Sangre de mayo". Novo Museo de Pontevedra.
17 horas
Certame de bandas no Pazo da Cultura de Pontevedra. Interveñen, dentro da sección especial, as bandas Unión Musical de Valladares, Agrupación Musical de O Rosal e Banda Municipal de Silleda. Ofrece o concerto de clausura Magnifique Bande dos Homes sen Medo.
19 horas
O vicepresidente José Juan Durán asiste ó IV Festival de Outono no auditorio do Centro Multifuncional de Ferreirós-Cordeiro, en Valga.
20 horas
O presidente da Deputación, Rafael Louzán, clausura o certame e a entrega de premios do Certame Provincial de Bandas no Pazo da Cultura.

LUNS, 5 DE OUTUBRO DE 2009
11 horas
O conselleiro de Economía e Industria, Javier Guerra, e o presidente da Deputación, Rafael Louzán, asinan un convenio para o Desenvolvemento dunha rede de dinamización, coordinación e mellora do comercio retallista. Rolda de prensa no Pazo Provincial.
12 horas
O presidente da Deputación, Rafael Louzán, o Arzobispo de Santiago, Julián Barrio, e o alcalde de Meis, José Luis Pérez, asinan un convenio para a rehabilitación do Mosteiro de Armenteira. Asistirán ó acto, o vicepresidente, José Juan Durán, e o delegado da Xunta, José Manuel Cores Tourís. No Mosteiro de Armenteira.
20 horas
Os vicepresidentes José Juan Durán e Teresa Pedrosa asisten ó inicio do Curso de gaitas, Zona Centro, da Escola de Gaitas e Percusión. No Centro Infantil Príncipe Felipe. Pontevedra.

OURENSE

NACE "TEMPO DE LECER"



Infogauda / Ourense


Acaba de aparecer "Tempo de lecer", unha publicación de carácter virtual que aborda de maneira especifica as actividades culturais e de lecer que se desenvolven en Ourense.

Tempo de lecer está realizada por xornalistas ourensáns e busca promover e difundir a ampla oferta sociocultural da nosa cidade.
Pode consultarse en http://www.tempodelecer.info/

OURENSE

TRINTA ANOS DE BUCIÑOS NO CENTRO CULTURAL



Una mirada atrás. La muestra de Manuel Buciños ‘Arredor de si’, que se exhibe en el Centro Cultural de la Diputación, recoge 43 obras realizas en los últimos 30 años. El presidente de la Xunta, Alberto Núñez , inauguró ayer la exposición con alabanzas al artista.
Ourense
En una labor de síntesis nada sencilla, las últimas tres décadas detrabajo (desde los 70 hasta hoy) del escultor Manuel Buciños se exhibendesen el Centro Cultural de la Diputación en una exposición que con sus43 piezas se convierte, aunque no en una retrospectiva en su sentidomás estricto, sí en ‘unha mirada cara atrás do escultor’, según palabrasdel director del centro, Francisco Gónzalez.La muestra, bautizada con el nombre de ‘Arredor de si’, fue inaugurada ayer por el presidente de la Xunta, Alberto Núñez Feijóo, quien se refirióa la obra del artista ourensano de adopción como ‘algo valioso para Galicia’ en tanto que ‘conforma e acrecenta o noso milenario patrimonio escultórico’. Buciños, ‘persona honesta coa súa arte, traballadora e aberta’, como lodefinió Núñez Feijóo, limitó su intervención a agradecimientos, enespecial, a las ‘facilidades’ de la Diputación para que ‘Arredor de si’ seconcretase tanto en una exposición como en un catálogo con fotografíasde Mani Moretón y texto de José María Pérez Álvarez ‘Chesi’. El agradecimiento fue recíproco. El presidente de la Diputación, José Luis Baltar, dió la gracias a Buciños porque con exposiciones como la inaugura da ayer ‘dignifica e engrandece a nosa labor de impulso artístico e cultural’.
Fuente: La Región. 2/10/2009

OURENSE

CHEGAN AS GEISHAS DE EMILIA ENRÍQUEZ MARCOS





O Centro Cultural da Deputación acollerá dende o luns, día 5 de outubro, a exposición “Ecos do pasado”, da escultora Emilia Enríquez Marcos, nacida en Ourens pero que reside e desenvolve o seu labor creativo en Madrid.

Infogauda / Ourense

No catálogo da exposición, o Presidente da Deputación, José Luis Baltar, refírese a esta mostra nos seguintes termos:“Unha das finalidades do Centro Cultural da Deputación é traer a obra de novos creadores, como neste caso Emilia Enríquez, que nos achega as súas Geishas e as súas peinetas nun laborioso traballo escultórico.As Geishas son “persoas de arte”, algo que viría a representar as artistas tradicionais xaponesas. Aquí, en Ourense, tan lonxe desta cultura milenaria podemos achegarnos algo máis ao que Emilia Enríquez titula “ecos do pasado” por esa reminiscencia histórica que nos remite a outros tempos. Sin embargo, a súa plástica é absolutamente contemporánea, actual, onde a materia se enche de enerxía e vitalidade para ofrecernos unha mostra orixinal e novidosa que agardo sexa do seu interese”.

Poderá visitarse ate o día 1 de novembro.

LISBOA

O GRUPO DE ACORDEÓNS MASCARENHAS, DE A GUARDA, ACTUARÁ O VINDEIRO SÁBADO NO CENTRO GALEGO DE LISBOA


Infogauda / Lisboa


O vindeiro sábado 3 de outubro, ás 19.00h, no salón de festas do Centro Galego de Lisboa, Xuventude de Galicia, actuación do Grupo de Acordeóns Mascarenhas.
O grupo de acordeóns forma parte da Asociación Musical Mascarenhas que foi creada polo compositor, director e profesor de música, José Luís Lorenzo Rodríguez, no ano 1997 en A Guarda (Pontevedra).
Este grupo está formado por 11 membros e leva 12 anos espallando a música a través do acordeón, contribuindo de maneira importante á sua divulgación ó longo destes anos.
Neste tempo grabou dous CD´s e realizou numerosos concertos en varias cidades de Galicia e Norte de Portugal.
O seu repertório estará dividido en dúas partes:
1.ª Música tradicional galega
2.ª Tangos, sambas, pasodobles españoles, música popular rusa.

BRUXELAS

A mostra Galicia 2009, tempo de BD abre o Festival de Banda Deseñada de Bruxelas

Infogauda / Bruxelas


A exposición está composta por unha selección 70 de láminas de ilustradores de cómic contemporáneos.
O obxectivo é dar a coñecer entre o público e aos editores belgas a produción dos debuxantes galegos, especialmente daqueles que teñen publicado no mercado francófono.
A Dirección Xeral de Promoción e Difusión da Cultura da Consellería de Cultura e Turismo e a Fundación Galicia Europa, organizadoras da iniciativa.
Ler máis