2º. Que Xosé Carlos Gómez Alfaro viviu e traballou na Guarda, e foi eiquí precisamente onde xestou moitas das súas obras legándonos colleitas abondosas e un repertorio fermoso de poemas nos que A Guarda estuvo sempre presente.
3º. Que Xosé Carlos Gómez Alfaro, supo exercer como profesor e como escritor e poeta, mantendo un firme compromiso coa nosa xente, coa nosa Lingoa e coas libertades democráticas.
En base os méritos acreditados por Xosé Carlos Gómez Alfaro, é un acto de xustiza nomealo Fillo Adoptivo de A Guarda
APOIO a SOLICITUDE:
Que o Alcalde de A Guarda, convoque un Pleno Extraordinario con un único punto na Orde do Día:
- Proposta de homenaxe póstumo o profesor e poeta Xose Carlos Gomez Alfaro.
E dese xeito, segundo o previsto no vixente Regulamento de Honras e Distincións, dar escomenzo o procedimento para nomear a Xosé Carlos Gómez Alfaro, Fillo Adoptivo de A Guarda.
A Guarda, a 30 de Setembro de 2009.
Sr. Alcalde – Presidente do Concello de A Guarda
Oscar Noya Domínguez, é médico, PhD, Profesor da Facultade de Mediciña Tropical da Universidade Central de Venezuela. Desenvolve súa labor investigadora nas Áreas de Parasitoloxía, Inmunoloxía e Vacunoloxía.
Dirixe o Laboratorio para estudos sobre Malaria da Dirección de Malarioloxía do Ministerio de Sanidade en convenio coa Universidade Central de Venezuela (UCV) i é membro da Cátedra de Parasitoloxía do Instituto de Mediciña Tropical, Facultade de Medicina (UCV). É profesor dos Postgrados Nacional de Parasitoloxía, Inmunoloxía (UCV, MSAS e IVIC) e Epidemioloxía de Enfermedades Metaxénicas e Saneamento Ambiental (Malarioloxía, MSAS).
Ademáis das actividades de docencia de pre-grado en Parasitoloxía e Inmunoloxía e da docencia de Postgrao, é asesor do Ministerio de Sanidade e coordina varios proxectos de investigación na área do inmunodiagnóstico, desenvolvemento e evaluación de vacinas utilizando péptidos sintéticos en equistosomiasis e malaria.
O Dr. Oscar Octavio Noya González e súa esposa Belkisyolé Alarcón de Noya, médico e investigadora da UCV, veñen a vila de A Guarda sempre que súas tarefas profisionais llo permiten. A familia Noya Alarcón tén á Guarda e os guardeses, sempre na lembranza. "Meus amigos son os mesmos cos que xogaba no "Puente", cos que ía a pescar con variscas, e mesmo cos que ollábamos as películas de cine, que traía meu pai de Venezuela, ..., nas miñas estadías na casa dos meus avós, nas vacacións escolares (...)", dixo a Infogauda o Dr. Noya González, ex-alumno do Colexio Lábor, de Vigo, e - por desexo de seu pai, Oscar Noya Domínguez -, da Universidade de Santiago de Compostela.
Ningún comentario:
Publicar un comentario