2 de out. de 2009

OURENSE

CHEGAN AS GEISHAS DE EMILIA ENRÍQUEZ MARCOS





O Centro Cultural da Deputación acollerá dende o luns, día 5 de outubro, a exposición “Ecos do pasado”, da escultora Emilia Enríquez Marcos, nacida en Ourens pero que reside e desenvolve o seu labor creativo en Madrid.

Infogauda / Ourense

No catálogo da exposición, o Presidente da Deputación, José Luis Baltar, refírese a esta mostra nos seguintes termos:“Unha das finalidades do Centro Cultural da Deputación é traer a obra de novos creadores, como neste caso Emilia Enríquez, que nos achega as súas Geishas e as súas peinetas nun laborioso traballo escultórico.As Geishas son “persoas de arte”, algo que viría a representar as artistas tradicionais xaponesas. Aquí, en Ourense, tan lonxe desta cultura milenaria podemos achegarnos algo máis ao que Emilia Enríquez titula “ecos do pasado” por esa reminiscencia histórica que nos remite a outros tempos. Sin embargo, a súa plástica é absolutamente contemporánea, actual, onde a materia se enche de enerxía e vitalidade para ofrecernos unha mostra orixinal e novidosa que agardo sexa do seu interese”.

Poderá visitarse ate o día 1 de novembro.

Ningún comentario:

Publicar un comentario