DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA
PREVISIÓNS INFORMATIVAS
Infogauda / Pontevedra
SÁBADO, 3 DE OUTUBRO DE 2009
16 horas
Certame de bandas no Pazo da Cultura de Pontevedra. Interveñen, dentro da sección segunda, as bandas Xuvenil de Barro, Xuvenil de Xinzo, de Rubiós, Xuvenil de Torroso, Popular de Moaña e Agrupación Musical de Goián. Na sección primeira, interveñen, as bandas Unión Musical de Meaño, Municipal de Valga, Atlántida de Matamá, Municipal de Caldas de Reis e Agrupación Musical de Vincios. Actuará como agrupación invitada Odaiko Percussion Group.
19 horas
19 horas
Proxección da película "Sangre de mayo", de José Luis Garci e Horacio Valcárcel, con Quim Gutiérrez, Manuel Galiana, Lucía Jiménez, Miguel Rellán, Manuel Tejada, Fernando Guillén Cuervo e outros dentro do ciclo de cine e conferencias da Guerra da Independencia. No Novo Museo de Pontevedra.
DOMINGO, 4 DE OUTUBRO DE 2009
12 horas
DOMINGO, 4 DE OUTUBRO DE 2009
12 horas
Proxección de "Sangre de mayo". Novo Museo de Pontevedra.
17 horas
17 horas
Certame de bandas no Pazo da Cultura de Pontevedra. Interveñen, dentro da sección especial, as bandas Unión Musical de Valladares, Agrupación Musical de O Rosal e Banda Municipal de Silleda. Ofrece o concerto de clausura Magnifique Bande dos Homes sen Medo.
19 horas
19 horas
O vicepresidente José Juan Durán asiste ó IV Festival de Outono no auditorio do Centro Multifuncional de Ferreirós-Cordeiro, en Valga.
20 horas
20 horas
O presidente da Deputación, Rafael Louzán, clausura o certame e a entrega de premios do Certame Provincial de Bandas no Pazo da Cultura.
LUNS, 5 DE OUTUBRO DE 2009
11 horas
LUNS, 5 DE OUTUBRO DE 2009
11 horas
O conselleiro de Economía e Industria, Javier Guerra, e o presidente da Deputación, Rafael Louzán, asinan un convenio para o Desenvolvemento dunha rede de dinamización, coordinación e mellora do comercio retallista. Rolda de prensa no Pazo Provincial.
12 horas
12 horas
O presidente da Deputación, Rafael Louzán, o Arzobispo de Santiago, Julián Barrio, e o alcalde de Meis, José Luis Pérez, asinan un convenio para a rehabilitación do Mosteiro de Armenteira. Asistirán ó acto, o vicepresidente, José Juan Durán, e o delegado da Xunta, José Manuel Cores Tourís. No Mosteiro de Armenteira.
20 horas
20 horas
Os vicepresidentes José Juan Durán e Teresa Pedrosa asisten ó inicio do Curso de gaitas, Zona Centro, da Escola de Gaitas e Percusión. No Centro Infantil Príncipe Felipe. Pontevedra.
Ningún comentario:
Publicar un comentario