2 de out. de 2009

LISBOA

O GRUPO DE ACORDEÓNS MASCARENHAS, DE A GUARDA, ACTUARÁ O VINDEIRO SÁBADO NO CENTRO GALEGO DE LISBOA


Infogauda / Lisboa


O vindeiro sábado 3 de outubro, ás 19.00h, no salón de festas do Centro Galego de Lisboa, Xuventude de Galicia, actuación do Grupo de Acordeóns Mascarenhas.
O grupo de acordeóns forma parte da Asociación Musical Mascarenhas que foi creada polo compositor, director e profesor de música, José Luís Lorenzo Rodríguez, no ano 1997 en A Guarda (Pontevedra).
Este grupo está formado por 11 membros e leva 12 anos espallando a música a través do acordeón, contribuindo de maneira importante á sua divulgación ó longo destes anos.
Neste tempo grabou dous CD´s e realizou numerosos concertos en varias cidades de Galicia e Norte de Portugal.
O seu repertório estará dividido en dúas partes:
1.ª Música tradicional galega
2.ª Tangos, sambas, pasodobles españoles, música popular rusa.

Ningún comentario:

Publicar un comentario