O GRAN LIBRO DO TERMALISMO GALEGO

O Centro Cultural da Deputación de Ourense acollerá o mércores, día 16 de decembro, ás 20:00 horas, a presentación do libro “Galicia, terma bimilenaria”, editado pola Deputación, nun acto aberto á sociedade ourensá.
Infogauda / Ourense
Este traballo é o gran libro do termalismo galego, pois recolle amplamente información, características e imaxes do diferentes balnearios e termas de Galicia, realizado pola especialista ourensá Marita Souto.O libro, que ronda as 400 páxinas, está ilustrado con imaxes do fotografo Mani Moretón e prologado polo doctor Philippe Vergnes, Presidente da Sociedede francesa de Termalismo.Editado en tapa dura e con grandes imaxes, trátase dunha proposta editorial da Deputación de Ourense que tenta por en valor o noso termalismo como un dos recursos con maior potencial do país.Lembren, presentación o día 16 de decembro, ás 20:00 horas, no Centro Cultural.
Ningún comentario:
Publicar un comentario