A DEPUTACIÓN PRESENTA O PRIMEIRO LIBRO SOBRE O USO PROTOCOLARIO DA BANDEIRA

O autor é o experto ourensán en Protocolo Juan José Feijóo, que realizóu este traballo inédito sobre a bandeira e o seu uso.
Infogauda / Ourense
A Deputación de Ourense presentou hoxe o primeiro libro que trata sobre o uso protocolario da bandeira, “La bandera, enseña institucional y elemento protocolario. Historia, norma y usos”, un pormenorizado estudo realizado polo experto ourensán en Protocolo Juan José Feijóo. A publicación destaca pola súa orixinalidade e oportunidade, xa que contribúe a difundir a práctica protocolaria e normativa relativa ao uso e colocación das enseñas.No acto de presentación, o presidente da institución provincial, José Luis Baltar, dixo que con este libro “A Deputación de Ourense pretende prestarlles un servizo aos ourensáns e as institucións en canto á información referida a este importante símbolo. Trátase dunha publicación concebida como un libro de divulgación e consulta, destinado a resolver dúbidas que poidan xurdir na organización de actos públicos, privados ou mixtos de institucións e empresas en canto á lexislación de bandeiras, o seu emprego e a súa colocación”.José Luis Baltar engadíu que a bandeira “non é un obxecto máis de decoración e non se pode colocar de calquera forma ou en calquera lugar”, e destacou o estudo feito por J.J, Feijóo afirmando que é “o primeiro libro de vexiloloxía, heráldica e historia enteiramente dedicado a este tema e á súa relación co protocolo práctico”.Pola súa banda, o autor agradeceu á Deputación provincial o interese demostrado para a publicación da obra, e dixo que con este traballo “preténdese afianzar a importancia que representa a bandeira cando é utilizada como elemento protocolario dentro do contexto do desenvolvemento de calquera acto público”.O libro recolle nos seus diferentes apartados temas de lexislación, aspectos heráldicos das bandeiras e fai unha especial referencia ao uso castrense, onde a bandeira adquire unha relevancia preponderante, tanto na súa orixe militar como en todo o cerimonial e linguaxe da mesma. Tamén se describe o papel que xogan as comunidades autónomas, cada unha coa súa propia bandeira como elemento definitorio da súa identidade histórica, e dentro do ámbito protocolario e de honores, descríbense os usos máis habituais das bandeiras e a súa colocación, segundo a normativa vixente.O libro, de 240 páxinas, conta co deseño da portada a cargo de José González Rodríguez, e fotografías de Manuel Villanueva.
Ningún comentario:
Publicar un comentario