Acto público do BNG sobre as Caixas de aforros e a economía de Galiza 
O proximo martes día 15 de decembro ás 9 da noite no Centro Cultural da Guarda, o BNG organiza un acto sobre as Caixas de aforro e a economía de Galiza.
O debate sobre as Caixas considérase desde a organización nacionalista como o debate máis importante dos que vai haber nesta lexislatura no Parlamento Galego . Segundo a perspectiva do BNG, o obxectivo da Lei de Caixas debe ser o de garantir que o centro de decisión da futura caixa galega estexa en Galiza e o de asegurar que o aforro dos galegos e das galegas estea ao servizo das empresas e dos particulares do País e non ao servizo do desenvolvimento doutros territorios.
O BNG considera fundamental para o país blindar as competencias da Xunta ante o intento descarado do poder central de desarraigar as caixas do seu territorio e de entregalas á banca privada. Estes e outros aspectos como a democratización das Caixas serán abordados neste acto polo deputado no parlamento galego Bieito Lobeira e a Secretaria de Organización Nacional do BNG Montse Prado.
Ningún comentario:
Publicar un comentario