20 de dec. de 2009

CAMPOSANCOS

ESQUERDA UNIDA RECRAMA UN TRAMO DE BEIRARRÚAS NA PASAXE
O abaixo asinante José Antonio González Morais, representante do Grupo Municipal de Esquerda Unida, no Baixo Minho, presenta a seguinte Moción ao obxecto de ser incluída na orde do día do Pleno ordinario e debatida no mesmo coa seguinte,

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS:

Dende A Guarda, Salcidos cara a Camposancos concretamente ata a praza da República (Avda. de Portugal), é un paseo de moitas persoas que fán andainas, sendo mais frecuente en fins de semana.
Diariamente realízanse embarque, desembarco de tráfico de turismos e persoas dende Portugal a Espaha e viceversa.
O PSOE en pre-campanha electoral dicían, BEIRARRÚAS XA, e hoxe están no poder con maioría e a súa valía non se ve por ningures.
En Camposancos no Bº da Pasaxe a día de hoxe seguen as beirarrúas sen rematar e os caminhantes tenhen que andar polo carril dos turismos, pondo en risco a súa integridade.

Dende EU SOLICITAMOS:

Quen ponhan a pedra que falta para completar a beirarrúa ata esquina da finca dos Jesuitas, e R/ Palomar.

A Guarda 21/12/2009

Ningún comentario:

Publicar un comentario