XOSÉ GREGORIO FERREIRO FENTE E XESÚS ALONSO MONTERO RELEMBRARON OS REPUBLICANOS GALEGOS ASASINADOS POLOS FRANQUISTAS
Celso Rodríguez Fariñas no decurso da súa intervención facendo a introducción do acto
O profesor Xosé Gregorio Ferreiro Fente fixo unha brillante intervención, na que presentou a seu ademirado amigo e profesor Xesús Alonso Montero
Na súa disertación, Ferreiro Fente definiu certeiramente os que asasinaron a republicanos como Camilo Carrero Lorenzo, Brasilino Álvarez Sobrino, Manuel Noia Xil,...
O académico Xesús Alonso Montero non dubidou en afirmar que a igrexa católica foi cómplice do franquismo
Na súa disertación, Ferreiro Fente definiu certeiramente os que asasinaron a republicanos como Camilo Carrero Lorenzo, Brasilino Álvarez Sobrino, Manuel Noia Xil,...
O académico Xesús Alonso Montero non dubidou en afirmar que a igrexa católica foi cómplice do franquismo
Alonso Montero salientou que as misivas que se reflicten no libro "Cartas de republicanos galegos condenados a morte (1936-1948)" foron escritas, en moitos casos, nos últimos minutos de vida dos condeados a pena capital
O músico Fran Estévez interpretou tres pezas escollidas - entre elas "Adivina, adivinanza", de Joaquín Sabina - expresamente para ese acto
O cantautor Tino Baz relembrou o mestre que antes de ser fusilado quixo abrazarse a dous nenos da escola, e tamén interpretou o "Romance da Maruxa"
O remate da presentación, o profesor Alonso Montero asinou varios exemplares do seu libro a varias persoas da contorna. Na imaxe podemos ollar a Iris Carrero Martínez e súa filla.
O goianés Mané Troncoso Villa departiu amigablemente co presidente da Asociación pola Memoria Republicana de Galicia, Xesús Alonso Montero.
Infogauda / A Guarda
Orgaizada pola Asociación Info MAXE, o pasado venres día 18 de decembro de 2009, tivo lugar no Salón dos Espellos do Colexio PP. Somascos, de A Guarda, á presentación do libro "Cartas de republicanos galegos condenados a morte (1936 - 1948)", de Xesús Alonso Montero.
O acto escomenzou coa intervención de Celso Rodríguez Fariñas, que fixo unha breve introducción para presentar o profesor Xosé Gregorio Ferreiro Fente, e o académico Xesús Alonso Montero, respectivamente.
Deseguido fixo uso da palabra, o filólogo Ferreiro Fente, que non dubidou en salientar que os verdadeiros autores do libro son ás persoas que escribiron as cartas, cuios contidos se reproducen na devandita publicación, e que o profesor Alonso Montero foi recopilando ó longo de coarenta anos.
Ferreiro Fente afirmou que os protagonistas involuntarios dese libro foron asasinados por elementos franquistas.
Asemade, fixo unha garimosa presentación do profesor Xesús Alonso Montero, na cal expresou súa ademiración pola labor cultural que vén desenvolvendo.
Rematada a brillante intervención de Xosé Gregorio Ferreiro Fente, tomou a palabra o académico Xesús Alonso Montero, pregando que non lle fixésemos caso a todo o que sobre íl dixo o amigo, Xosé Gregorio Ferreiro, porque xa se sabe, que as veces, os amigos excédense en loubanzas. En calqueira caso, Alonso Montero, adicou súa intervención o relembrado poeta Xosé Carlos Gómez Alfaro, a quén o pobo de A Guarda, lle adicou recentemente unha homenaxe, precisamente no mesmo lugar onde íl desenvolvera ó longo de tres décadas súa labor docente.
Na súa intervención, Alonso Montero relembrou a varios republicanos cuias cartas se recollen no libro, e afirmou que nin queimaran igrexas, nin cometeran delicto algún. Eran tan soio persoas galeguistas - como Alexandre Bóveda -, comunistas - como Antonio Seoane Sánchez e José Gómez Gayoso -, socialistas - como Camilo Carrero Lorenzo -, ou de Izquierda Republicana, como Francisco Pérez Carballo, que ademáis de ser Licenciado en Dereito e Filosofía e Letras, era Gobernador Civil de A Coruña, desde o 10 de Abril de 1936. Tamén se referiu o médico tudense Darío Álvarez Limeses, católico, que tivo unha destacada participación na atención a Josefa García Segret, esposa do mestre de Forcadela Hipólito Gallego Camarero - que tamén foi asasinado polos fascistas -, que estando presa na cárcere de Tui, finxiu estar embarazada de tres meses. A decisiva intervención do Dr. Álvarez Limeses foi providencial para que Josefa García Segret, salvase súa vida, aínda que súa existencia, logo de estar na cárcere tudense, foi un periplo por varios penais, tanto nas Illas Baleares como en Santurrarán, entre outros.
O profesor Alonso Montero relembrou que o quedar en libertade, Josefa García Segret escrebeu un libro que leva por título "Abajo las dictaduras", que está esgotado, e que debería ser reeditado.
O igoal que xa o fixera o profesor Ferreiro Fente, o escritor Xesús Alonso Montero, referiuse tamén a Manuel Estévez Gómez, un albanel tudense, cuio retrato - da autoría do pintor Benito Prieto Coussent -, figura na portada da publicación. Alonso Montero dixo que Manuel Estévez, que seguramente non tivera oportunidade de ir moito á escola, senón todo o contrario, dirixiuse en primeiro lugar a súa filla Emilia "(...) que eres la mayor, que ya te vas dando cuenta de la vida, sabes porque me matan todos estos canallas que se llaman representantes de la justicia. Pues te diré que me matan por ser bueno, por querer que vosotros no padezcáis hambre y no andéis descalzos (...)".
No libro de Alonso Montero recóllense 120 cartas de republicanos galegos escritas despois de que recibisen oficialmente a noticia de que foran condenados a pena de morte. En todo caso, á lectura do libro reflíctenos o valor de todos eles, a firmeza dos seus ideiais e o seu compromiso coa República e a Democracia.
Non había en Galicia, até a pubricación do libro do profesor Alonso Montero, un traballo semellante no noso país. Sí o había en Italia, de onde o profesor tén bibliografía baseada en cartas escritas por prisioneiros do nazismo.
Alonso Montero afirmou que en Galicia, non se fixo nada semellante nin durante o goberno bipartito, nin antes, nin antes de antes, nin durante o goberno tripartito. I era necesario dar a coñecer os contidos deses documentos, que foron escritos precisamente para que transcedesen i entrasen na Historia. Como o demostra á carta que José Domínguez González lle escrebeu o día 8 de febreiro de 1937, a súa noiva Angelina Estévez, de Leirado-Barral. José Domínguez pediulle á Angelina que guardase "(...) estas letras mal pergueñadas y de tanto en tanto le pases la vista por encima para recordar este triste episodio.
Te pido también, como noble compañera, que sepas vengarme cuando las circunstancias te lo permitan, pues confío en tu valor y en tu ideal (...)".
Alonso Montero dixo que pasados moitos anos, Angelina Estévez quixo que esa carta do seu noivo entrase na Historia, e entregoulle a un veciño, Antonio Alonso Fontán. Grazas a ese desprendemento de Angelina Estévez, a carta de José Domínguez, transcendía, toda vez que no desaparecido Café Derbi, de Vigo, Alonso Fontán entregou varias fotocopias da carta a varios amigos, entre eles o profesor Xesús Alonso Montero.
O acto rematou coas respectivas participacións dos músicos guardeses Fran Estévez e Tino Baz, que en cadansúa actuación interpretaron unhas pezas expresamente escollidas e moi bén acaídas para a ocasión. Letras de Luis Eduardo Aute, Joaquín Sabina e do própio Tino Baz, xunguidas pola irmandade da música e das voces de ambos artistas, que constitúen dous fermosos exemplos de sensibilidade e de compromiso coas libertades democráticas.
Por último, o profesor Alonso Montero, asinou varios exemplares do libro que viña de presentar, e departiu con varias persoas que asistiran a este novo acto promovido por Info Maxe, unha asociación que dentro de poucas semanas será presentada oficialmente na vila de A Guarda.
Ningún comentario:
Publicar un comentario