2 de nov. de 2009

OURENSE

PRIMEIRO DISCO DA BANDA DE GAITAS DA CARBALLEIRA, UNHA DAS MELLORES DE GALICIA


O Centro Cultural da Deputación de Ourense acolleu hoxe a presentación do primeiro traballo discográfico da Banda de Gaitas “A Carballeira”, un CD titulado “Sen máis” que contén composicións musicais de autores galegos contemporáneos con arranxos propios para banda de gaitas, incluíndo obras de Ernesto Campos, Suso Bahamonde, Pedro Lamas e Xosé Lois Romero, entre outros. O traballo discográfico está patrocinado pola Deputación de Ourense e pola Asociac ión Cultural “A Carballeira”.

Infogauda / Ourense
No acto de presentación estiveron presentes Carlos González, director da Banda de Gaitas “A Carballeira”, Arturo Rodríguez, presidente da Asociación de Veciños “Carlasca”, e Francisco González, director do Centro Cultural da Deputación. Carlos González comentou que os maiores atrancos deste traballo discográfico “estivo na dificultades de execución musical das pezas, todas de autores contemporáneos, para o cal fixemos a gravación no estudio Area Máster de Vigo empregando para elo varias xornadas de traballo”.O CD será presentado ao público o vindeiro 7 de novembro no Teatro Principal de Ourense, ás 19.30 horas, e posteriormente será presentado en Vigo, León, Oviedo, Gijón, Avilés e Aveiro (Portugal). Paralelamente a estes actos farase unha campaña en prensa, radio e televisión.Carlos González afirma que este traballo discográfico “reflicte a calidade interpretativa da Banda así como o labor dos instrumentistas no ámbito da gaita e percusión abranguendo dende o cuarteto puramente tradicional ata as formacións máis actuais”.A Banda de Gaitas “A Carballeira” está avalada polos numerosos premios recibidos, entre eles o Campionato da Liga Nacional de Bandas de Gaitas 2003/04, 2006/07 e 2008/09, e o Campionato do Primeiro Certame de Bandas de Gaitas “A Pobra de Trives” 2009. A partir dos primeiros meses de 2010 a Banda comezará a gravar o seu segundo traballo discográfico, que incluirá, entre outras, a participación das cantareiras de “A Carballeira”, recentes gañadoras do primeiro premio do IV Trofeo de Pandereteiras de Manzaneda, e contará tamén coa colaboración de artistas do ámbito da música galega.Na actualidade, a Banda de Gaitas “A Carballeira” está formada por 35 instrumentistas, entre gaitas, voces 1ª e 2ª, solistas, cuarteto tradicional, percusionistas e cantareiras.

Ningún comentario:

Publicar un comentario