A DEPUTACIÓN DE OURENSE CONVOCA O PREMIO PURA E DORA VÁZQUEZ DE ILUSTRACIÓN

A Deputación de Ourense ven de convocar o Premio “Pura e Dora Vázquez de ilustración infantil e xuvenil”, un certame dotado con 3.000 euros para premiar ao mellor traballo de ilustración que tome como base o texto premiado na modalidade de narración deste premio “Pura e Dura Vázquez”.
Infogauda / Ourense
O prazo de presentación dos traballos remata o día 20 de decembro de 2009, e as obras deben presentarse no Rexistro xeral da Deputación de Ourense. Poderán concorrer ao premio todos os ilustradores de calquera nacionalidade que presenten ilustracións inéditas e orixinais, non menos de dez, referidas ao texto premiado no apartado de narración deste premio.Coas ilustracións, que se presentarán no seu conxunto baixo lema, achegarase en sobre pechado o nome completo, enderezo e teléfono do autor. O xurado estará formado polo presidente da Deputación de Ourense, ou persoa que designe oportunamente, e por catro vogais escollidos dos distintos ámbitos da cultura de Galicia. Actuará de secretario o da Deputación ou persoa en quen delegue (con voz e sen voto).O premio poderá ser declarado deserto, no caso de que o xurado así o considere, e a Deputación de Ourense, como propietaria das obras, resérvase todos os dereitos de edición sobre as obras premiadas, en todos os ámbitos e linguas do Estado.
Ningún comentario:
Publicar un comentario