A DEPUTACIÓN IMPARTE FORMACIÓN NO MANEXO DE DESFIBRILADORES E NA ORGANIZACIÓN DE PLANS DE EMERXENCIA

A Deputación de Ourense, a través do seu Negociado de formación Continua inicia o vindeiro luns dous cursos relacionados coa atención sanitaria en casos de emerxencia, que teñen como obxectivo formar ao personal das administracións en materia de uso de desfibriladores e na evacuación en caso de emerxencia.
Infogauda / Ourense
Precisamente, a Deputación de Ourense foi a primeira institución da provincia en contar entre os seus equipamentos sanitarios equipos DESA (desfibriladores), que permiten aumentar as taxas de superviviencia nos pacientes con morte súbita.No caso do curso de actualización no uso e mantemento de equipos DESA, os obxectivos son realizar unha reciclaxe dos coñecementos adquiridos no curso sobre o manexo de desfibriladores externos semiautomáticos, que permita actualización de capacidade para a utilización, en condicións óptimas, do desfibrilador por parte do persoal sanitario da Administración Local que conte Local que conte, nos seus centros, con equipos DESA; tentar aumentar as taxas de supervivencia nos pacientes con morte súbita, acadando un acceso precoz, acurtar os tempos para practica-la reanimación cardio-pulmonar e a desfibrilación precoz, dentro da cadea de supervivencia de cada comunidade, e insistir na importancia de chamar ó 061, de practica-la reanimación cardio-pulmonar e de utiliza-lo DESA polos primeiros intervenientes e acurta-lo tempo en que se practica a reanimación cardio-pulmonar e a desfibrilación grazas ó sinxelo manexo do DESA.Os destinatarios son persoal non sanitario da Administración Local de Ourense pertencente a centros de traballo que conten actualmente con equipos de desfibrilación externa semiautomática e que teña realizado con anterioridade o curso básico de manexo de equipos D.E.S.A. O curso ten unha duración de 4 horas lectivas. A data de realización é o 2 de novembro e o horario das clases de 16:30 a 20:30 horas, e o lugar, no Pazo dos Deportes “Paco Paz”. Ourense.Curso de Plans de EmerxenciaPola súa banda o Curso de Implantación de plans de emergencias – evacuación e primeiros auxilios vai dirixido a delegados de prevención e membros dos comités de seguridade e saúde das entidades locais; persoal dos equipos ou grupos de intervención rápida das corporacións locais da provincia, e responsables de edificios e instalacións da Administración Local interesados neste curso.Os obxectivos son: proporcionarlles ós participantes uns coñecementos xerais e básicos sobre toda a normativa legal aplicable na Administración Local en materia de prevención de riscos laborais; acadar un coñecemento profundo do artigo 20 da Lei 31/1995, de prevención de riscos laborais, en materia de plans de emerxencia e evacuación e de primeiros auxilios; estudar a norma pola que se rexe o manual de autoprotección para o desenvolvemento de plans de emerxencia e de evacuación de edificios e locais; adestrar ós traballadores sobre como levar a cabo a planificación e a organización do persoal para a óptima utilización dos medios técnicos previstos nun plan de emerxencia; e establecer as condicións de actuación para facer fronte a unha emerxencia ou accidente, e reducir ó mínimo os efectos e as posibles consecuencias humanas, materiais ou económicas que se puideran derivar dunha situación extrema.Tamén se contempla como finalidade desta formación dar a coñecer ós asistentes as normas de actuación como primeira intervención ante calquera accidente, achegándolles unha perspectiva global para actuar nestas situacións, co fin de activar dun xeito correcto tódolos sistemas de emerxencia, e concienciar ós traballadores da necesidade de emprega-los instrumentos e medios de traballo dunha forma segura e de que se protexan axeitadamente para evitar lesións.O curso terá unha duración de 40 horas lectivas, desenvolverase do 2 ao 20 de novembro, en horario de 17:00 a 20:30 horas, de luns a xoves, e terá lugar no Parque Comarcal de Bombeiros de Xinzo de Limia (avda. de Ourense, 190. Xinzo de Limia).
Ningún comentario:
Publicar un comentario