CONCERTO DE MIGUEL COSTAS NO AS DE COPAS
Infogauda / A Guarda
O vindeiro venres día 23 de outubro, ás 23.30 h., Miguel Costas ofrecerá un concerto no As Copas, no que presentará seu disco Condenados a Costas.
A entrada é de balde.
Miguel Costas
"Costas", membro fundador e compositor de gran parte do repertorio ou da súa totalidade, de grupos xa míticos na historia do Pop rock deste país como Siniestro Total, Los Ratones, Aerolíneas Federales ou Los Feliz, afronta o seu primeiro disco en solitario "Condenados a costas" que fai o número 17 da súa carreira. Coa marca da honestidade dun músico con estilo propio para realizar un traballo coherente sen malgastar esforzos en seguir as tendencias comerciais e con ilusión renovada, desde a experiencia, para que a súa volta ao mundo da música sexa celebrada polos seus incondicionais e coñecida polas novas fornadas xa cansadas de tanta música prefabricada, e con músicos de gran calidade.
"Hasta los huevos", "Yo estoy bien, tu estás gordo" ou o primeiro single "Baja el pantalón" do cal gravouse o primeiro videoclip. Son algúns dos títulos do álbum. "Costas" comeza a súa carreira musical en Vigo en formacións como Sexteto de Blues, Los Ratones, Mari Cruz Soriano y los que afinan su piano e Los Minusválidos del Ritmo.
Membro fundador en 1981 de Siniestro Tota; en 1982 publica o seu primeiro disco Ayudando a los enfermos e ese mesmo ano publícase Cuando se come aquí. Co oitavo álbum coa banda En Beneficio de Todos obtén o seu primeiro disco de ouro. Tras un directo "Ante todo muchac alma" e un disco de estudo "Made in Japan" abandona o grupo en 1994. Membro fundador de Aerolíneas Federais edita cinco discos obtendo record de vendas co seu single No me beses en los labios. No 2005 edítase un disco homenaxe con versións de grupos de Hispanoamérica Tributo a Aerolíneas Federales impulsado polo Grupo Pestaña, de Perú.
Membro fundador de Los Feliz grava tres álbums e apártase dos escenarios por un tempo para dedicarse aos seus outras facetas de compositor e produtor e en colaboracións con outros artistas. Entre moitos outros colaborou co compositor de contemporáneo Enrique Macías en concertos na Universidade de Madrid, Premio Reconquista de Vigo, autor con máis de 200 cancións editadas, colaborando con Miguel Ríos no disco Que noche la de aquel año.
Los Limones, Palabra, Os Resentidos, Ruxe ruxe Ejecutivos Agresivos, Poch,..., entre outros moitos os disco de panxoliñas Navidades radioactivas ou Vitaminavidad, composicións para a Coral de Mañufe ou para o programa da TVG Xabarin Club ou Diario Pop de Radio 3, entre outras colaboracións.
Condenados a Costas, acompañado dos músicos "Naya", á guitarra; "Coche Villanueva" ao baixo, e "Tony" á batería, cos que afronta a xira 2009-2010 onde repasará o seu novo disco, ademáis de parte do seu repertorio máis coñecido con outras das súas formacións. Cos seus grupos compartiu escenarios con Madonna, Beck, Neil Young, ZZ Top, Scorpions, Jhetro Tull, entre outros.
Que treman os melódicos, volve Costas. O mellor cantante do mundo. ¡Esas palmas coño!
Ningún comentario:
Publicar un comentario