O BNG leva ao Parlamento Galego as obras que se realizan na praia da Lamiña
Asemade, o portavoz municipal do BNG solicita información no Concello sobre os permisos e o proxecto de obra do futuro depósito de áridos
Infogauda / A Guarda
Os deputados do BNG, Bieito Lobeira e Carme Adán, presentaron por rexistro do Parlamento Galego unha batería de preguntas sobre o acondicionamento de terreos para un depósito de áridos que se están realizando na praia da Lamiña (Camposancos).
"As preguntas - segundo informou o BNG -, van encamiñadas a coñecer a posición que o Goberno galego ten sobre esta actuación, se foi consultado ou, cando menos, se ten coñecemento da súa realización".
O BNG afirma igualmente que "as obras responden a unha actuación do Ministerio de Medio Ambiente, nun espazo incluído na Rede Natura 2.000 e declarado como Zona de Especial Protección para as Aves (ZEPA) co concurso de maquinaria pesada para a explanación do lugar, onde se utilizou cemento e formigón para fixar tubaxes de considerábeis dimensións.
Tendo en conta que as obras non son competencia da Xunta de Galiza, esta debe adoptar as medidas precisas para a defensa e protección ambiental e da actividade pesqueira que se realiza na zona, dado que as obras son moi agresivas co medio".
Asemade, o portavoz municipal do BNG, Xan Lois Lomba, presentou un escrito no rexistro do Concello solicitando información sobre os permisos para a demolición das naves e as obras que se están a realizar nestes momentos, tamén solicitou coñecer cales son as medidas que vai a tomar o grupo de goberno para regular o tráfico pesado, sobre todo coas cifras de volume de material que se están a manexar.

Ningún comentario:
Publicar un comentario