17 de out. de 2009

GALICIA

Medio Rural publica, na véspera do comezo da tempada, a guía informativa “A caza en Galicia”



Infogauda / Galicia
A publicación resume de xeito práctico, en 46 páxinas, o máis destacado da normativa vixente sobre a actividade cinexética.
Lémbrase que o período para exercer esta práctica, válido con alcance xeral, será o comprendido entre os días 18 de outubro de 2009 e 6 de xaneiro de 2010.
A guía inclúe tamén información sobre as especies, os métodos e as limitacións xerais ou particulares para desenvolver esta actividade na Comunidade galega.

Para máis información, pódese descargar aquí a guía en formato pdf.

Ningún comentario:

Publicar un comentario