17 de out. de 2009

PONTEVEDRA

O LUNS COMEZA A SEGUNDA FASE DO PLAN DE ASESORAMENTO “Á TÚA MEDIDA” DA DEPUTACIÓN

Desenvolveranse actividades en Ribadumia, O Grove, Vilagarcía, Barro, A Guarda, Tui, Cangas, Caldas, Redondela, Forcarei, Pontevedra e Vigo
Infogauda / Pontevedra
O vindeiro luns, 19 de outubro, dará comezo a segunda fase do Plan “Á túa Medida” da Deputación de Pontevedra que se desenvolverá ó longo de dúas semanas, ata o día 30 de outubro.
O especialista encargado do asesoramento en Visual Merchandising, que realizará esta segunda visita a cada comercio beneficiario do plan, comprobará que as medidas de mellora que se lle propuxeron no documento de diagnóstico da imaxe comercial, se levaron a cabo.
Tamén se lles dará a formación necesaria para dotar os traballadores do comercio, de coñecementos e habilidades para que no futuro eles mesmos poidan proxectar o seu “punto de venda” máis atractivo, actualizado e innovador.
Concretamente, e debido as datas, comercialmente falando, cara ás que nos diriximos, esta formación estará enfocada principalmente á campaña de navidade, na que deseñarán e elaborarán escaparates, presentacións e todo tipo de elementos que inciten á merca do produto exposto.
DATA VISITA - DATOS COMERCIO - DIRECCIÓN - CP - CONCELLO
19-10-09 ás 9:00 - LIBRERÍA BARRANTES -C/Condesa, 12 - 36636 - RIBADUMIA
19-10-09 ás 16:00 - VIVEROS DE LOIS - Portaris, nº3 -Lois -36636 - RIBADUMIA
20-10-09 ás 9:00-EMBUTIDOS BRAVO, C.B.- Sucasa, 6- Leiro - 36636 RIBADUMIA
20-10-09 ás 16:00 - GROVE CLAKE -C/Castelao,29 - 36980 - O GROVE
21-10-09 ás 9:00 - BARANDA -C/Gumersindo Nartallo, 2 - 36600 VILAGARCÍA
21-10-09 ás 16:00 - CALZADOS YOSU - R/ Castelao,7 - 36600 -VILAGARCÍA
22-10-09 ás 9:00 - FLORISTERIA SOLLA - San Antoniño,5 - 36191 -BARRO
22-10-09 ás 16:00- PAJARERÍA RODRY-Avda. Juan Carlos, 8-36600 -VILAGARCÍA
23-10-09 ás 9:00 - MODAS ALONSO, S.L. - Joaquin Alonso,8 - 36780 -A GUARDA
23-10-09 ás 16:00 -DINOS MODA INFANTIL -C/Camilo Jose Cela - 36700 -TUI
24-10-09 ás 10:00 - BABECA (Tejidos) - Ordónez, nº1 - 36700 -TUI
24-10-09 ás 16:00 - MODA INFANTIL PIPA - Avda. de Marín, 19 - 36940 - CANGAS
26-10-09 ás 10:00 -OPTICA PRISMA CANGAS - Montero Rios, 20 - 36940 -CANGAS
28-10-09 pola tarde - CACHARELA ARTESANIA - Pº da Xunqueira,31-baixo -36800 - REDONDELA
27-10-09 ás 9:00 - VIAJES CALDAS, S.L. - Avda. Dolores Mosquera,6 bajo -36650
CALDAS DE REIS
27-10-09 ás 16:00 - DROGUERÍA MODERNA - Pza. Curros Enríquez,8 -36002
PONTEVEDRA
28-10-09 ás 9:00 - CASAVELLA - Travesía de Vigo, 46 - 39206 -VIGO
29-10-09 ás 9:00 - CALZADOS MIVER - Pza. Igrexa, 4 - 36550 - FORCAREI
29-10-09 ás 17:00 - A. LALIN CORTINAS - Pza. Constitucion, 10-11 - 36800
REDONDELA
Ainda por determinar (a partir do 27)
ZONA ZETA - Pº de Calvo Sotelo, 6 - 36700 -TUI

Ningún comentario:

Publicar un comentario