Amnistía Internacional / Galicia
Segundo os datos oficiais do goberno peruano, en Perú morren 185 mulleres por cada 100.000 nados vivos. As Nacións Unidas establecen o número en 240, un dos índices máis elevados do continente americano (UNFPA)
O 27 por cento das mortes de mulleres por causas relacionadas co embarazo producíronse durante o embarazo; o 26 por cento durante o propio parto; e o 46 por cento durante as seis semanas seguintes ao nacemento (Ministerio de Saúde, Departamento de Epidemioloxía, 2007).
As cinco causas principais da morte asociada ao embarazo en Perú son: hemorraxia, preeclampsia, infección, complicacións tras un aborto ou un parto obstruído (Ministerio de Saúde, Departamento de Epidemiología, 2007).
En 2007, só o 36,1 por cento das mulleres dos sectores máis pobres da sociedade que deron a luz entre 2002 e 2007 afirmaron que o seu último parto fora nun centro de saúde. A cifra comparable de mulleres nos sectores sociais máis acomodados é do 98,4 por cento (Instituto Nacional de Estatística e Informática, INEI).
O 59,1 por cento das comunidades que abarcaba o censo de comunidades indíxenas de 2007 non dispuña dun centro de saúde. Dos que si tiñan, o 45,4 por cento só dispuña dun botiquín; o 42,3 por cento dispuña dun posto de saúde (unha das instalacións de saúde máis básicas); e o 10,9 por cento tiña acceso a un centro de saúde propiamente dito (un tipo de establecemento que vai un lugar por diante do posto de saúde en canto a equipamento) (Censo de Comunidades Indíxenas de 2007).
Aínda que só algo máis dun terzo da poboación de Perú vive en zonas rurais, a poboación rural representa máis do 57,7 por cento dos habitantes que viven na pobreza (Instituto Nacional de Estatística e Informática, 2008).
O goberno peruano anunciou que mellorar a saúde materno-infantil era unha das súas cinco metas estratéxicas para a partida orzamentaria destinada a política social en 2008, e que confiaba en reducir o índice de mortalidade materna a 120 por cada 100.000 nacementos para 2015. (Orzamento por Resultados, Ministerio de Economía e Finanzas).

JOSÉ MENESES SALAZAR
José Meneses Salazar, de 24 anos, natural de San Juan de Ccarhuacc, provincia de Huancavelica, é o maior de nove irmáns. Contou a Amnistía Internacional que a súa nai morrera de parto en 1999, cando el tiña tan só 15 anos. A muller non quixera ir ás revisións do centro de saúde por temor a que o persoal non a tratase ben. Cando se puxo de parto, a obstetra (comadroa) do posto de saúde de San Juan de Ccarhuacc, estaba de permiso, motivo polo que o pai de José e outros familiares atenderon o parto sen axuda. Porén, tras dar a luz unha nena, a nai non expulsou a placenta e non souberon que facer. Dúas horas despois, a nai de José morreu. A nena sobreviviu.
José describiu o enorme impacto que tivo a morte da súa nai sobre a familia. Seu pai abandonounos e el tivo que facerse responsable da familia e da súa pequena parcela, o que lle supuxo ter que deixar os estudos. A súa irmá tamén tivo que deixar a escola para axudar, e por iso é case analfabeta.
José vive agora con tres dos seus irmáns, a súa muller e dous fillos. Pola experiencia vivida coa súa nai, apoiou a asistencia da súa muller ás revisións prenatais e a levou á casa de espera materna antes de dar a luz. José contou a Amnistía Internacional que o centro de saúde necesita con urxencia máis persoal e equipamento, principalmente un escáner para ver o desenvolvemento do feto e predicir con máis exactitude a data de nacemento. Espera que consigan profesionais da saúde que se queden na comunidade. Tamén espera que se solucione mellor o transporte das mulleres a outros centros de saúde nos casos de urxencia.
YOLANDA SOLIER TAIPE
Yolanda Solier Taipe ten 33 anos e está embarazada do seu sétimo fillo. Vive aproximadamente a unha hora do posto de saúde (posto médico) de Ccarhuacc por un camiño intransitable para automóbiles.
«A principal dificultade que teño é a distancia que existe entre a miña vivenda e o posto médico, teño que camiñar cerro arriba para ir realizar a miña atención e control de embarazo […]. Outra dificultade é que non me podo desprazar con rapidez, senón [que] o realizo lentamente, amodo […] Si, señorita, non camiño rápido, camiño máis ben paseniño, esa é a miña dificultade, ademais de que a miña vivenda non ten estradas e teño que camiñar moito, pediríalles a vostedes [que] nos apoien coa construción de estradas e enviando esta petición ás nosas autoridades.
[…] Alí [na casa de espera materna] tiven aos meus demais fillos, a todos. Fun andando ata alí, pero alí non temos nada: nin comida nin un lugar para preparar os nosos alimentos, nin podemos quedar as mulleres que vamos dende lonxe[...] Só serve para dar a luz e non ofrece as demais atencións de coidados postparto».
ROSA QUICHCA VARGAS
Rosa Quichca Vargas ten 24 anos e está embarazada do seu quinto fillo. Dous dos anteriores morreron, un durante o parto e o outro aos poucos días de nacer, probablemente de neumonía. Vive a case unha hora a pé do posto de saúde de Ccarhuacc, por unha estrada intransitable para calquera vehículo excepto talvez unha moto.

Ningún comentario:
Publicar un comentario