Amnistía Internacional / Galicia
Centos de mulleres pobres, labregas e indíxenas están morrendo no Perú debido a que na práctica non reciben os mesmos servizos de saúde que o resto das mulleres do país, segundo conclúe Amnistía Internacional no seu novo informe, presentado o 9 de xullo.
O informe, titulado Deficiencias fatales. Las barreras a la salud materna en Perú, examina os altos índices de mortalidade materna entre as mulleres pobres e indíxenas do medio rural peruano e avalía o impacto das últimas políticas adoptadas polo goberno para facer fronte ao problema.
Perú presenta un dos índices de mortalidade materna máis elevados de todo o continente americano. Segundo datos oficiais, por cada 100.000 nacidos vivos no Perú morren 185 mulleres. As Nacións Unidas sinalan un número aínda máis elevado, 240. A maioría destas mulleres son labregas, pobres e indíxenas.
«Os índices de mortalidade materna en Perú son escandalosos ―afirmou Nuria García, investigadora de Amnistía Internacional sobre Perú―. A morte de tantas mulleres por causas que se poden previr constitúe unha violación dos dereitos humanos. O Estado peruano está simplemente incumprindo a súa obriga de proporcionar asistencia médica materna a tódalas mulleres, sen importar quen sexan e o lugar onde vivan».
No seu informe, Amnistía Internacional destaca que en Perú morren mulleres embarazadas debido ás dificultades que teñen que superar: falta de acceso a atención obstétrica de urxencia, falta de información sobre saúde materna e falta de persoal do servizo de saúde que saiba falar en lingua indíxena.
Segundo o censo de comunidades indíxenas de 2007, practicamente o 60 por cento das comunidades que abarcaba o censo non tiña acceso a un centro de saúde.
«Os servizos de saúde para as mulleres embarazadas no Perú son unha lotería: se es indíxena e pobre, non tes ningunha posibilidade de gañar» sinalou Nuria García.
José Meneses Salazar, de 24 anos e residente en Ccarhuacc, unha das zonas pobres do Perú, perdeu á súa nai hai nove anos como consecuencia dun parto. A muller evitou ir ás revisións médicas por medo a ser maltratada polo persoal. Cando se puxo de parto, a comadroa do centro de saúde máis próximo estaba de permiso, polo que o pai de José e outros familiares foron os encargados de asistir á muller no parto. Despois de nacer o bebé, a placenta non saía e non souberon que facer. Ao cabo de dúas horas a muller morreu. A recén nacida sobreviviu.
No informe avalíase tamén o impacto de varias políticas gobernamentais dirixidas a reducir os índices de mortalidade materna, como o incremento do número de casas de espera materna -lugares onde poden aloxarse antes do parto as mulleres que viven a grande distancia do centro de saúde-, a maior promoción do parto vertical, práctica común entre as mulleres indíxenas no Perú, e a ensinanza da lingua quechua aos profesionais da saúde.
Mulleres e profesionais da saúde consultados por Amnistía Internacional no Perú consideraban positivas a novas iniciativas pero queixábanse de que non se estaban a aplicar eficazmente e puñan en dúbida que estivesen dando verdadeiros resultados.
Amnistía Internacional conclúe no seu informe que, se ben o número de casas de espera supera xa o triplo das que había hai oito anos, só a metade están ubicadas en zonas rurais, onde máis necesidade teñen as mulleres de asistencia obstétrica de emerxencia.
Mulleres e organizacións locais da sociedade civil contaron a Amnistía Internacional que a formación a profesionais da saúde sobre os métodos do parto vertical non está o bastante estendida. Segundo a Defensora do Pobo de Perú, o ano pasado máis do 45 por cento do persoal dos servizos de saúde afirmou que non recibira formación adecuada.
Por outra banda, houbo iniciativas oficiais para ensinar o quechua aos profesionais dos servizos de saúde, pero o seu uso non está xeneralizado e moitas mulleres de comunidades indíxenas cuxa lingua non é o castelán non poden comunicarse con eles.
«As iniciativas oficiais para reducir a mortalidade materna son boas noticias ―afirmou Nuria García―. Pero a ausencia de responsabilidades claras no seu cumprimento, así como a falta de vixilancia e de asignación eficaz dos recursos, poñen en grave perigo toda iniciativa».
Amnistía Internacional pediu ás autoridades peruanas que asignen recursos á mortalidade materna e á asistencia da saúde reprodutiva dando prioridade ás rexións que presenten maiores índices de mortalidade, para que todas as mulleres teñan garantías de igualdade de acceso á asistencia obstétrica de emerxencia no caso de complicacións durante o parto. Tamén recomendou aumentar a formación de profesionais da saúde e que exista un servizo de apoio lingüístico ás mulleres indíxenas en todos os centros de saúde.

Ningún comentario:
Publicar un comentario