"Autorretrato", de María Elena Cividanes Álvarez
Infogauda / A Guarda
Con enorme satisfacción, presentámoslles unha nova obra - "Autorretrato" - da pintora de Salcidos, María Elena Cividanes Álvarez.
Na nosa opinión, compre salientar que a autora, inqueda por natureza, procurou reflectir nesta obra, unha imaxe humana, con toda a complexidade que iso comporta. Que ademáis sexa un autorretrato, engade unha dificultade engadida a seu propósito. Para nós, o realmente importante é o própio reto que a pintora asumiu, e levou a bó termo.
Desde Infogauda convidamos a Mª Elena Cividanes Álvarez a que persevere na súa vocación pola Arte, porque coidamos que posúe valores moi respectables. E se o desexa, que pinte figuras, porque estamos seguros que a andaina non será doada, pero compensarálle o esforzo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario