OPERARIOS DA DEPUTACIÓN COMEZAN OS TRABALLOS DO PLAN DE CONSERVACIÓN FORESTAL E DE PRAIAS

Infogauda / Pontevedra
A Deputación de Pontevedra comezou a desenvolver esta semana os traballos de acondicionamento e limpeza de praias e espazos forestais da provincia. Para elo o organismo provincial pon a disposición un total de 110 traballadores e 3 tractores de limpeza que aporta o parque de maquinaria.
Estas labouras, que terán lugar entre o 1 de xuño e o 30 de novembro, terán unha asignación económica de 1,1 millóns de euros que foi destinada a concellos entre 10.000 e 50.000 habitantes polo que puideron acollerse a el un total de 22 municipios da provincia.
A través deste plan a institución pretende asegurar, nos meses de verán e de maior afluencia turística, unha prestación integral e adecuada dos servizos de competencia municipal na totalidade do territorio provincial. Do mesmo xeito, contribuír a mitigar os efectos da situación económica do país cun crecente número de parados.
Os traballos comprenderán limpeza e rexeneración de praias, áreas recreativas e espazos naturais, xardíns, etc. As condicións laborais deste persoal rexerase polo disposto no I Convenio Colectivo para persoal laboral da Deputación Provincial, e supletoriamente polo disposto no Estatuto dos traballadores.
Así, a xornada a tempo completo será de 37,50 horas semanais. O horario de traballo será determinado por cada concello. Con respecto á retribución económica, os salarios dos Peón-Operario será de 1.286,09 euros brutos mensuais, incluída a parte proporcional das pagas extras.

Ningún comentario:
Publicar un comentario