O GRUPO MUNICIPAL TERRA GALEGA - INICIATIVA VECIÑAL SAI Ó PASO DAS DECRARACIÓNS EFECTUADAS POLO CONSELLEIRO DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E INFRAESTRUCTURAS
- Celso Rodríguez Fariñas afirma que hai que escoitar os veciños

Infogauda / A Guarda
Celso Rodríguez Fariñas, concelleiro portavoz do Grupo Municipal Terra Galega - Iniciativa Veciñal, no Concello de A Guarda, vén de remesar a Redacción de Infogauda, a seguinte nota de prensa:
Tralas declaracións feitas polo novo Conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras, durante a inauguración da xornada sobre a Lei de Vivenda de Galicia, nas que manifesta que : "(...) que se reformará INTEGRAMENTE o Plan Sectorial do Solo Residencial para o fomento de vivenda protexida" na que saltaron a opinión de moitos concellos, e o que máis importante, a opinión dos propietarios, dende TERRA GALEGA-INICIATIVA VECIÑAL, queremos alegrarnos desta decisión, xa que na nosa localidade, donde se presentaron máis de 400 alegacións, non se contou cos verdadeiros interesados, os donos, xa que namentras eles non podían facer uso libre e independientemente das súas parcelas, a Administración Autonómica, podía, non só modificar o P.X.O.U., senón a expropiación das terras a todo aquel que non quixera chegar a un acordo, nas condicións que lles impuxeran.
Esperamos, que agora, se escoite aos veciños afectados, así como tamén a súa proposta sobre os terreos, tal e como o manifestaron nas alegacións e nas xuntanzas mantidas cos técnicos da Xunta, que no séu resume é:
a).- Que se considere o terreo como unha soa parcela a efectos de urbanización e valorización.
b).- Que se faga un replantexamento da mesma, clarificando as afectacións sobre vivendas e parcelas mínimas, nos casos de ampliación de viarios existentes, ou nos de nova creación, contemplando todo como unha unidade a desenrrolar.
c).- Que a modificación posta en marcha pola Administración e reflexada no avance do novo P.X.O.U. manteña a conversión do terreo como urbanizable a tódolos efectos.
d).- Que se negocie directamente cos propietarios.
A Guarda, 29 de maio do 2.009
Celso R. Fariñas
Portavoz do Grupo Municipal
Te/Ga - INICIATIVA VECIÑAL
A GUARDA
Ningún comentario:
Publicar un comentario