30 de maio de 2009

INFORMACIÓN MUNICIPAL

O GRUPO MUNICIPAL TERRA GALEGA - INICIATIVA VECIÑAL ESIXE O CONCELLO DA GUARDA QUE FAGA CUMPLIR A NORMATIVA EN MATERIA DE SEGURIDADE NA CONSTRUCCIÓN

Infogauda / A Guarda
Con rogo da súa pubricación, Celso Rodríguez Fariñas, concelleiro portavoz do Grupo Municipal Terra Galega - Iniciativa Veciñal, no Concello de A Guarda vén de remesar a este xornal dixital, á seguinte nota de prensa:
MEDIDAS DE SEGURIDADE NA CONSTRUCCION
Nunha das rúas máis transitada da nosa localidade, podemos ollar a cotío como se incumplen tódalas normas de seguridade no traballo, xa que non existe ningunha medida que garante a vida dos traballadores que se moven a distintas alturas, e nas que nalgunha ocasión, e con sorte, podemos ollar un casco, pero redes ou arneses de protección, deben estar "gardados para que non se desgasten". Isto sucede en pleno centro do noso pobo, sin que "por casualidade" pase por alí ningún inspector, un representante sindical ou o que é peor, ninguén do Departamento de Urbanismo do Concello.
A todo isto, temos que engadir, non existen medidas de seguridade para o tráfico rodado que por alí circula, e moito menos para os pais e nais que levan aos séus fillos ao Colexio que está perto do lugar donde se están facendo as obras.
Dende TERRA GALEGA-INICIATIVA VECIÑAL, vimos a esixir do Concello de A Guarda, a que obrigue a cumplir cas Leis, e emplace a Policia Local a xirar visita nesta e noutras obras a veira das cales pasan unha boa cantidade de veciños, especialmente nen@s denantes de que ocurra unha desgracia.
A Guarda, a 29 de maio do 2.009
Celso R. Fariñas
Portavoz Municipal
Te/Ga-INICIATIVA VECIÑAL
A GUARDA

Ningún comentario:

Publicar un comentario