23 de maio de 2009

DATAS PARA O LEVANTAMENTO DAS ACTAS PREVIAS Á OCUPACIÓN - TRÁMITE DE URXENCIA - PARA A EXPROPIACIÓN DOS BENS E DEREITOS AFECTADOS POLAS OBRAS DA VAC

Diario Oficial de Galicia
venres, 22 de maio de 2009




Resolución do 30 de abril de 2009, do Servizo Provincial de Estradas de Pontevedra, pola que se sinala a data para o levantamento das actas previas á ocupación -trámite de urxencia-, para a expropiación dos bens e dereitos afectados polas obras do proxecto de trazado da VAC Tui (incluído o enlace da autovía a Portugal)-A Guarda, treito III: Goián-A Guarda. (Clave PO/03/009.01.3).

O artigo 28 do vixente Estatuto de autonomía de Galicia establece no seu número 2º a competencia da Comunidade Autónoma de Galicia para o desenvolvemento lexislativo e execución da lexislación do Estado en materia de expropiación forzosa.
As obras sinaladas no encabezamento desta resolución atópanse incluídas no programa de obras que se van realizar con cargo ao programa 512-B construción, conservación e explotación de estradas.
Con data do 28 de novembro de 2007, o director xeral de Obras Públicas, por delegación da conselleira de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes procede á aprobación do proxecto de trazado da VAC (vía de alta capacidade) Tui (incluído o enlace da autovía a Portugal)-A Guarda, treito III: Goián-A Guarda. (Clave: PO/03/009.01.3).
Con data do 13 de marzo de 2008, a Xunta de Galicia procedeu a declarar a utilidade pública e a urxente ocupación dos bens e dereitos necesarios para os efectos de expropiación para a mencionada obra por Decreto 73/2008, publicado no Diario Oficial de Galicia nº 75, do 18 de abril.
Na súa virtude, e en cumprimento do disposto nos artigos 52 da vixente Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954, e os artigos 56 e seguintes do regulamento para a súa aplicación, este servizo, no uso das facultades que lle confire o artigo 98 da mencionada lei, resolveu convocar os titulares de bens e dereitos afectados para que comparezan nos lugares, nas datas e nas horas que se citan para proceder ao levantamento das actas previas á ocupación, nas cales se recollerán os datos necesarios para determinar os bens e dereitos afectados e os prexuízos derivados da rápida ocupación, sen prexuízo de se trasladaren ao lugar dos predios se o consideran necesario.
-Concello de Tomiño.
Lugar: Casa da Cultura do Concello de Tomiño.
Data: 1 de xuño de 2009, das 9.15 ás 13.45 horas.
De: Álvarez Carrera, Carmen a Martínez Silva, Marta.
Data: 2 de xuño de 2009, das 9.15 ás 13.45 horas.
De: Moure Pérez, Manuel a Xunta de Galicia.
- Concello do Rosal.
Lugar: Casa do Concello do Rosal.
Data: 3 de xuño de 2009, das 9.15 ás 13.45 horas.
De: Adrover Cividanes, Manuel a Blanco Pérez, César.
Data: 4 de xuño de 2009, das 9.15 ás 13.45 horas.
De: Brey Martínez, Mª José a CMVMC Tabagón.
Data: 5 de xuño de 2009, das 9.15 ás 13.45 horas.
De: CMVMC S. Miguel de Tabagón a Díaz González, Manuel.
Data: 8 de xuño de 2009, das 9.15 ás 13.45 horas.
De: Domínguez Álvarez, Agustina a Fernández González, Teresa.
Data: 9 de xuño de 2009, das 9.15 ás 13.45 horas.
De: Fernández Martínez, Estela a González Alonso, Manuel.
Data: 10 de xuño de 2009, das 9.15 ás 13.45 horas.
De: González Álvarez, Francisco a Lorenzo Alonso, Mª del Pilar.
Data: 11 de xuño de 2009, das 9:15 ás 13.45 horas.
De: Lorenzo Ferreira, Rosa a Padín Martínez, José Mª.
Data: 12 de xuño de 2009, das 9.15 ás 13.45 horas.
De: Pequeño Fernández, Anselmo a Piedra Pérez, Carmen.
Data: 15 de xuño de 2009, das 9.15 ás 13.45 horas.
De: Piñeiro Otero, Noemia a Ruiz Martínez, Santiago.
Data: 16 de xuño de 2009, das 9.15 ás 13.45 horas.
De: Saa Gómez, Jesús a Villa Vicente, Celso.
Concello da Guarda.
Lugar: Obradoiro de Emprego do Concello da Guarda.
Data: 17 de xuño de 2009, das 9.15 ás 13.45 horas.
De: Alonso Alonso, Mª Cruz a Gil Vicente, Manuel.
Data: 18 de xuño de 2009, das 9.15 ás 13.45 horas.
De: González Álvarez, Celia a Reyes González, Nieves.
Data: 19 de xuño de 2009, das 9.15 ás 13.45 horas.
De: Riveiro Iglesias, Eugenio a Vicente Vicente, Dionisia.
A relación de titulares cos bens e dereitos afectados, así como os planos parcelarios correspondentes, estarán expostos nos concellos de Tomiño, O Rosal e A Guarda e no Servizo Provincial de Estradas de Pontevedra, avda. Fernández Ladreda, 43-1º, 36003 Pontevedra.
Ao dito acto deberán acudir os titulares afectados, persoalmente ou ben representados por persoa debidamente autorizada para actuar no seu nome, e achegarán os documentos acreditativos da súa titularidade, documento nacional de identidade e último recibo da contribución, tamén poderán ser acompañados, pola súa conta, se o consideran oportuno, dos seus peritos e notarios.
Así mesmo, e no cumprimento do establecido no artigo 56 do regulamento da Lei de expropiación forzosa, ábrese información pública durante o prazo de 15 días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no BOE ou ata o momento do levantamento das actas previas á ocupación correspondente, co fin de que os interesados poidan formular por escrito, ante o Servizo Provincial de Estradas de Pontevedra, as alegacións que consideren pertinentes, co obxecto de emendar posibles erros padecidos ao relacionar os bens afectados pola urxente ocupación.
Pontevedra, 30 de abril de 2009.
Héctor Presas Veiga
Xefe do Servizo de Estradas de Pontevedra

Ningún comentario:

Publicar un comentario