23 de maio de 2009

A GUARDA

BICENTENARIO DA GUERRA DA INDEPENDENCIA
O GRUPO MUNICIPAL TERRA GALEGA - INICIATIVA VECIÑAL, NO CONCELLO DE A GUARDA PRESENTA UNHA MOCIÓN INSTANDO A ORGANIZACIÓN DE DIVERSOS ACTOS CONMEMORATIVOS





Infogauda / A Guarda
Para seu debate, e aprobación se procede, Celso Rodríguez Fariñas, concelleiro portavoz do Grupo Municipal Terra Galega - Iniciativa Veciñal, vén de presentar unha no Concello de A Guarda, a seguinte moción:
BICENTENARIO DA GUERRA CONTRA OS FRANCESES
Distintas localidades, desenrrolaron e/ou están levando a cabo diversos actos para relembrar a participación dos seus veciños no levantamento contra a invasión francesa, entre os que se encontran a recreación dos feitos que tiveron lugar naquela época, publicacións, declaracións e plenos institucionais, etc.
Ata o de agora, no noso Concello, existe un silencio municipal sobre este feito, que non debería quedar esquecido, xa que homes e mulleres desta bisbarra, tiveron unha alta participación non só na defensa e expulsión dos mesmos en A Guarda, senón que foron partícipes en Tui, Vigo, e outros lugares da xeografía galega, e diso temos testemuñas dabondo, nas publicacións feitas o remate da guerra, así como tamén nos diversos traballos feitos no seu momento por Domínguez Fontela, ampliados e estudados a partir das súas investigacións publicadas na prensa local.
Así mesmo, fai uns anos, a A.P.A. do Colexio PP. Somascos, publicou unha recopilación destes traballos, dos que hoxe en día, é difícil atopar ejemplares.
Por todo elo, o Grupo Municipal de TERRA GALEGA-INICIATIVA VECIÑAL, ven a propoñer ao Pleno para o séu debate e aprobación, si procede a seguinte MOCION: O Concello de A Guarda, preparará diversos actos conmemorativos sobre a participación dos homes e mulleres deste pobo no levantamento e expulsión dos franceses.
A Guarda, a 23 de maio do 2.009
Celso R. Fariñas
Portavoz Municipal
Te/Ga-INICIATIVA VECIÑAL
Nota da Redacción de Infogauda:
A participación dos veciños de A Guarda, na Guerra da Independencia foi un exemplo de coraxe, que non debera ser esquecido, porque forma parte da nosa Historia como pobo. Non estaría de máis que de cando en vez, botásemos unha ollada o fermoso traballo que sobre ese importante capítulo histórico, nos legou o coéngo, erudito e historiador guardés, membro da Real Academia da Historia, o M.I.S. Juan Domínguez Fontela.
Asemade recomendamos ler o traballo de Ávila y Lacueva, que tamén nos aporta importantes datos sobor da presenza das tropas napoleónicas na vila e pobo de A Guarda, así como noutros pobos da contorna tanto dunha como doutra ribeira do Miño.
A vista do incalificable "esquecemento" dalgúns, debéramos tomar boa nota dos actos conmemorativos desenvolvidos tanto en Vigo, como en Tui e Caminha. Non entendemos porqué na Guarda o bicentenario da Guerra da Independencia, pasou para algúns, sen pena nen groria, cando todo o pobo, que daquela integraba o Concello da Guarda (A Guarda, Camposancos, Salcidos e O Rosal) lle fixo fronte as tropas invasoras da división o mando de Merle.
Novas relacionadas:

Ningún comentario:

Publicar un comentario