23 de maio de 2009

A AGRUPACIÓN MUSICAL DE A GUARDA VIAXARÁ EN XULLO A VALLADOLID

Infogauda / A Guarda

A Banda de Música da Agrupación Musical de A Guarda, que dirixe Víctor Luís Alonso Treinta, viaxará no vindeiro mes de xullo a Valladolid. Na súa estancia na capital pucelana os compoñentes da Agrupación Musical de A Guarda efectuarán diversas actividades e actuacións, todas elas enmarcadas no programa de intercambio que a xunta directiva e a dirección da banda de música teñen previsto, e que darán a coñecer oportunamente.

O vídeo que lles ofrecemos corresponde a unha actuación realizada diante do concello de Ortigueira, o día 28 de xullo de 2008, no decurso do intercambio realizado ese verán coa Banda de Música de Ortigueira.

Ningún comentario:

Publicar un comentario