29 de maio de 2009

CINEMA GALEGO

PRE-ESTREA NA GUARDA DA CURTAMETRAXE "DIES DEI"



Infogauda / A Guarda



A Guarda vístese da gala para acoller este sábado 30 de maio, ás 21.00 h., no Centro Cultural e Social de A Guarda, a preestrea - antes da súa estrea oficial no Filminho - Festa do Cinema Galego e Portugués -, da curtametraxe "Dies Dei".
“Dies Dei” é unha curtametraxe escrita e dirixida polo guardés Nani Matos. Trátase dunha historia intimista, de sentimentos afectivos entre unha parella de persoas maiores. Un drama que transpira problemas sociais como é a situación dos nosos maiores: soiedade, enfermedades, coidados..
A curtametraxe conta cunha subvención da Consellaría de Cultura e Deporte da Xunta de Galicia e coa colaboración do Concello da Guarda e a Morraceira-Asociación Cultural.
A curtametraxe foi rodada íntegramente na localidade de A Guarda e en formato HD. Na estrea contaremos coa presencia do seu director, así como do equipo técnico e os actores e actrices, que participaron na rodaxe, que intervirán o remate da proxección.

Ningún comentario:

Publicar un comentario