22 de abr. de 2009

A VI FEIRA DO LIBRO DO ROSAL, UN ÉXITO


Reportaxe: Concello do Rosal
Fotografías: Juan Ramón Martínez Barbosa

A VI Feira do Libro do Rosal celebrouse o domingo 19 de abril na Sala de Exposicións da Casa do Concello e nas inmediacións da Praza do Calvario con gran asistencia de público durante toda a xornada. Nesta Feira que organizou a concellaría de Cultura que preside Charo Tabales Perozo, participaron entre outras librerías as rosaleiras Colores e Multi-Novás; Cervantes e Ler, da Guarda; Novidades, de Tomiño; Librería Byblos de Tui e Libraida, de Gondomar. Pola mañá, houbo "Contacontos de libros contentos", da compañía compostelá Títeres Cachirulo e pola tarde, un obradoiro de marcapáxinas, debuxo e cómic, con Santy Gutiérrez, debuxante e presidente da AGPI (Asociación Galega de Profesionais da Ilustración).









Ningún comentario:

Publicar un comentario