(Remitido)
Trala experiencia vivida o longo da Campaña Electoral Autonómica do pasado mes, así como a xudicialización da organización que nos levou a úns enfrontamentos e perda de tempo para que o proxecto chegara a outras localidades, así como tamén, a decisión tomada polos tribunais de poñer o fronte do partido a persoas que na nosa opinión, non comparten o mesmo proxecto político e que a súa candidatura autonómica levouos ao fracaso máis estrepitoso.
Consideramos que é urxente unha xuntanza daqueles homes e mulleres que compartindo o proxecto, deben tomar unha decisión sobre o futuro e recompoñer a actual situación política de Terra Galega.
Somos conscientes que a xudicialización do partido, abocounos a un camiño sen retorno, no que non é posible a reconciliación, polo que debemos tomala iniciativa dunha vez por todas, fixar a decisión que sexa máis convinte para que cambie a situación actual, xa que temos que centrar as enerxías na liña de espallar o proxecto dende o comenzo, sen rémoras que soio van a aportar problemas e non traerán nada positivo.
Durante o tempo da campaña electoral, serviunos para comprobar que íamos polo bo camiño, porque alí a donde chegamos, despertamos interese en persoas independentes e tamén en distintos colectivos que manifestaron a súa inquedanza de incorporarse a unha organización dispostos a traballar por Galicia.
Tal e como estamos inmersos nunha batalla sin fin de procesos xudiciais e de enfrontamentos persoais que non levan máis que a perda e desgaste de enerxías, ao desencanto político interno e externo, pensamos que hai que buscar unha saída coherente e con sentido común, unha solución que non dañe a imaxe e traballo dos homes e mulleres que no séu concello levan unha loita política a favor dos veciños, pero que o mesmo tempo se sintan avalados por unha organización seria coa que identificarse, representativa do proxecto original de Te-Ga para Galicia.
A Agrupación Local de TERRA GALEGA en A Guarda, na Asemblea celebrada o 07-04-09, e ratificada este fin de semana, acordou que diante desta situación, o non identificarse ca actual directiva, e considerando que o proxecto presentado polos homes e mulleres que respaldaron a Xoan Gato, é un camiño de futuro para a nosa terra, decide por unanimidade distanciarse da actual dirección comandada por Pablo Padín e Xermán Tobío, e propón unha xuntanza urxente de todos aqueles que creen e comparten o proxecto orixinal que encabezou Xoan Gato, para tomar a decisión que se considere máis convinte aos intereses deste País.
Así mesmo, pide ao séu Grupo Municipal no Concello de A Guarda, que tome a mesma decisión, e se desmarque dún proxecto que foi desvirtuado pola actual dirección e sume os séus esforzos cara a por en marcha unha nova organización que dé continuidade ao proxecto municipalista orixinal que déu vida a TERRA GALEGA.
A Guarda, a 23 de abril do 2009
Emilio José Conde Graña
Responsable da Agrupación Local de A Guarda
Ningún comentario:
Publicar un comentario