21 de out. de 2011

VILA NOVA DE CERVEIRA

O FILMINHO ORGANIZA UNHA EXPOSICIÓN FOTOGRAFICA SOBRE O RÍO MIÑO CON IMAXES DE ELISEO ALONSO


A exposición leva por nome “O Pai Miño. As miradas sobre o río de Eliseo Alonso”





Natalia Jorge / Vila Nova de Cerveira


O Filminho organiza no seu marco da “raia” unha exposición fotográfica sobre o río Miño. A mostra está composta por 30 fotografías da autoría do escritor goianés Eliseo Alonso que leva por nome “O Pai Miño. As miradas sobre o río de Eliseo Alonso."

As fotografías foron quitadas polo autor de Goián nos anos 60´e 70´ao longo do río Miño. Deste xeito,atopámonos con imaxes tanto da vila natal do autor como dos tramos fluviais de Salvaterra e Arbo. Esta é a primeira vez que estas fotografías ven a luz xa que estaban arquivadas na casa do escritor goianés. As imaxes son testemuña gráfica das investigacións que Eliseo Alonso elaborou a longo da súa vida sobre os temas miñotos e fluviais que lle deron para construir varias obras de relevancia como Pescadores do Río Miño ou Gamelas y Marineros. Esta mostra serve, ademáis, para visibilizar a riqueza patrimonial e antropolóxica do río ilustrándonos en ocasións aparellos de pesca ou técnicas de captura que na actualidade xa non se empregan. Sen dúbida, esta é unha mostra única para achegarnos ao mundo fluvial de xeito didáctico e ilustrativo.
A mostra inaugúrase o vindeiro sábado día 22 de outubro no local da Asociación Porta xiii en Vila Nova de Cerveira ás 18h30 galegas. Será a vila portuguesa a que dará comenzo ao peregrinar a esta exposición xa que o seu destino é percorrer os concellos da raia húmida para rematar o seu itinerario en Goián onde estamos seguros que terá un agarimoso recibimento. Esta escolma pretende se fiel ao concepto antropolóxico de Eliseo Alonso que como ben dicía “el padre Miño pasa con una camelia prendida en la solapa de la ribera (...) Viejo árbol, símbolo de la región, extiende su tronco y sus ramas por Lugo, Orense y Pontevedra”.

Ningún comentario:

Publicar un comentario