DAVILA ASEGURA NA GUARDA QUE FOI O BNG E SEGUIRÁ SENDO O BNG O QUE DEFENDA EN MADRID O FUTURO DO SECTOR PESQUEIRO
A candidata nacionalista lembra o traballo feito polo BNG esta lexislatura a prol da frota de peixe espada, reivindicando a pesca artesanal e rexeitando a redución de cotas
Infogauda / A Guarda

A número un do BNG ao Congreso pola provincia de Pontevedra, Olaia Fernández Davila, revalidou hoxe na Guarda o compromiso desta forza política co sector pesqueiro, nomeadamente co que atinxe á frota de peixe espada e da pesca artesanal, fundamentais nesta zona.
Fernández Davila, nun encontro con representantes do sector, asegurou que foi o BNG e seguirá sendo esta forza política a que defenda o futuro dos sectores produtivos do País, afogados polas nefastas políticas da UE, que no caso do mar prima os intereses dos Estados do Norte, abocando a Galiza a situacións de auténtica discriminación e marxinalidade, malia a súa potencia pesqueira.
A candidata lembrou que foi o BNG durante estes catro anos en Madrid quen levou ás Cortes a través de distintas iniciativas as principais inquedanzas do sector, que no caso concreto da Guarda se poden concretar en propostas para regular o mercado e garantir os prezos así como para mellorar a seguridade nos caladoiros onde faenan os buques de peixe espada.
Asemade, referiuse tamén ao traballo realizado a prol da pesca artesanal, “unha das grandes ausentes nas propostas de reforma da Política Común de Pesca, cando se trata de frotas cun sistema de pesca moi ligado a un modo de vida propio, que representan máis de 1.000 postos de traballo. Falamos moito da frota de arrastre pero moi pouco das frotas artesanais, as de artes menores, que teñen moitas dificultades, o que lles leva a amarrar os seus barcos”.
PAÍS ALTAMENTE DEPENDENTE DA PESCA
Para a candidata nacionalista, é tempo de que a UE recoñeza dunha vez por todas a Galiza como País altamente dependente da pesca, non en van o sector representa o 10 por cento do PIB galego, representa o 15 por cento da produción pesqueira da UE e máis do 50 por cento do emprego na pesca do Estado.
“Mais para que a UE asuma esta realidade –continuou- cómpre vontade política dos gobernos da Xunta e do Estado, para facer presión, e nin Feijóo nin Rajoy demostran crer nos nosos sectores produtivos, por iso é tan necesario e tan útil a presenza do BNG no Congreso e os feitos nos avalan”.
REDUCIÓN DE COTAS
Neste sentido, Fernández Davila aludiu a outra loita do sector que tamén foi levada a Madrid polo BNG e sobre a que seguirán teimando durante a próxima lexislatura e que ten a ver co rexeitamento das inxustas cotas de lirio e xarda.
A candidata comprometeuse a seguir pelexando para que a xestión pesqueira sexa diferenciada, se distinga entre a pesquería do norte e a do sur a fin de evitar no futuro a escandalosa redución de cota, pois é moi diferente a situación do stock destas especies no norte e no sur, “algo que me recoñeceu en diferentes debates a propia Secretaria Xeral do Mar, que asegurou que a xarda abunda e está nunha boa situación”.
A número un da candidatura nacionalista concluiu apelando a participar o 20N porque só coa mobilización e apostando por forzas como o BNG, que teñen un compromiso real e facilmente demostrábel cos sectores produtivos, se poderán mudar as cousas.
No encontro tamén participaron o voceiro de Pesca no Parlamento Galego, Bieito Lobeira, e a próxima eurodeputada do BNG, Ana Miranda.

Ningún comentario:
Publicar un comentario