4 de set. de 2026

DEPORTES

BALONMÁN FEMININO

O Atlético Guardés acollerá a primeira eliminatoria europea integramente na Sangriña 

O equipo baixomiñoto chegou a un acordo co Boden sueco para xogar os dous partidos que compoñen a Round 2 da EHF European League dentro dun mes na Sangriña 

A ida disputarase o sábado 3 de outubro e a volta o domingo 4, sendo ambos partidos en horario de mañá ás 12.00 horas 

O Atlético Guardés celebra a colaboración do seu rival para acadar este acordo, que supón un aforro económico importante sobre o que implicaría viaxar ao norte de Suecia 


Preliminar dun dos encontros europeos no pavillón municipal A Sangriña
Foto: SportCoeco

Redacción/A Guarda

 O Atlético Guardés pecha os primeiros detalles da súa nova aventura europea. Hai unhas semanas, a entidade baixomiñota conseguía pechar un acordo co Boden Handboll IF sueco, o seu rival para a primeira eliminatoria da EHF European League, de xeito que os dous encontros que compoñen esa Round 2 xogaranse integramente na Sangriña a fin de semana do 3 e 4 de outubro.  

 Tras unha frutífera negociación, o rival escandinavo aceptou traer ambos partidos á Guarda, xa que supoñía a opción máis economicamente viable malia contar co dereito de local na eliminatoria. Por unha banda, os prezos de aloxamentos e manutención son moito máis elevados en Suecia, o cal descartou con facilidade a opción de celebrar os dous duelos alí; e ademais, dado o complexo itinerario de cando menos dous voos e unha pernoctación que conecta ambas localidades, as dúas entidades pactaron de mutuo acordo aproveitar a viaxe para celebrar a eliminatoria íntegra na Sangriña. 

 Así, o Atlético Guardés xogará a Round 2 da EHF European League en dúas xornadas consecutivas como anfitrión: o partido de ida será o sábado 3 de outubro e a volta disputarase o domingo 4, tendo lugar ambos encontros ás 12.00 horas do mediodía, pois non era posible o horario de tarde ao coincidir co voo de regreso a Suecia para as visitantes. 

 Este horario supón outra vantaxe a nivel de calendario para o equipo baixomiñoto, pois aínda que obrigou a mover o partido de cuarta xornada en casa do Zonzamas Lanzarote que correspondía á mesma fin de semana (xogarase finalmente o martes 29 de setembro); a dobre cita europea na Sangriña impide que o plantel teña que realizar dous desprazamentos importantes en avión nunha mesma semana coas repercusións físicas que supón. 

 Esa é outra das vantaxes que este acordo presenta para o Atlético Guardés, cuxa Directiva celebra a boa disposición da súa homóloga sueca á hora de buscar a solución máis cómoda e beneficiosa para ambas partes. Nun momento de recortes e reaxustes co obxectivo de sanear as contas do club miñoto, o aforro que supón evitar esta viaxe é unha grande noticia, e a entidade só espera agora que a afección responda á chamada para encher A Sangriña en dúas xornadas que prometen grandes emocións de balonmán europeo. Non dubida, con todo, en que o fará, pois malia a incerteza vivida este verán a masa social do Club respondeu cun apoio notable e sen soltar a man ao proxecto deportivo, superando xa, a máis dunha semana de comezar a Liga, as cifras de socios nominativos con respecto aos últimos anos.  

AXENDA 

EHF European League | Round 2 – Ida 

Boden Handboll IF – Club Balonmán Atlético Guardés 

Sábado, 3 de outubro | 12.00 horas | A Sangriña 

EHF European League | Round 2 – Volta 

Club Balonmán Atlético Guardés – Boden Handboll IF 

Domingo, 4 de outubro | 12.00 horas | A Sangriña

DEPORTES

FÚTBOL

O Sporting Guardés inicia a liga na Sangriña ante o Gondomar C.F.  




Ricardo Rodríguez Vicente/A Guarda

 Chega a hora da verdade para o Sporting Guardés. Este domingo, 6 de setembro, ás 17:00 horas, o conxunto guardés dará o pistoletazo de saída á nova tempada coa disputa do primeiro partido de liga, no Campo Municipal A Sangriña, ante o Gondomar C.F.

 Despois das semanas de preparación e posta a punto, o equipo afronta con ilusión este primeiro compromiso oficial, nun escenario coñecido e ante a súa afección. A Sangriña volverá ser o punto de encontro para os seguidores do Sporting Guardés, que poderán acompañar o equipo neste inicio de competición.

 Antes do encontro, estará aberta a oficina do Club para todas aquelas persoas que desexen tramitar os seus carnés de socios. Unha oportunidade para renovar o compromiso co Sporting Guardés e apoiar o equipo ao longo dunha nova tempada.  

 O partido terá tamén un momento especialmente emotivo. Antes do comezo gardarase un minuto de silencio en memoria de Antonio Martínez Martínez, “Morrudo”, falecido o pasado día 24 de xullo. Un dos socios máis antigos do Club, a súa figura estará presente neste primeiro encontro de liga, nunha homenaxe sinxela e sentida por parte do Sporting Guardés e de toda a súa familia deportiva.

 Co balón a piques de comezar a rodar, todo está preparado para que a Sangriña viva de novo a emoción da competición. O domingo, ás cinco da tarde, Sporting Guardés e Gondomar C.F. protagonizarán o primeiro capítulo dunha nova tempada, coa ilusión renovada e o obxectivo de comezar a liga da mellor maneira posible.  

Domingo, 6 de setembro · 17:00 h 

Campo Municipal A Sangriña 

Sporting Guardés – Gondomar C.F.  

A liga comeza. E faio na Sangriña.

DEPORTES

O clube de fútbol gaélico do Baixo Miño busca novas xogadoras para reforzar a equipa feminina e traballa na creación dunha equipa masculina  



Gróvias Fútbol Gaélico/Baixo Miño

 Gróvias Fútbol Gaélico afronta unha nova tempada con ilusión e novos retos. Despois dunha campaña 2025-2026 na que a equipa feminina se proclamou campioa da Liga Galega, o clube inicia un novo curso co obxectivo de consolidarse como unha das equipas máis destacadas do fútbol gaélico galego e continuar medrando tanto dentro como fóra do campo.  

 Para afrontar esta nova tempada, Gróvias busca novas xogadoras que queiran incorporarse á equipa feminina. Non é necesario ter experiencia previa neste deporte, polo que o clube anima a todas aquelas persoas con curiosidade por coñecelo a achegarse a algún dos adestramentos e probar sen compromiso.  

 Ao mesmo tempo, unha das grandes novidades desta tempada é o proxecto para poñer en marcha unha equipa masculina de fútbol gaélico no Baixo Miño. O clube está actualmente buscando xogadores para formar o grupo e poder competir nesta disciplina, polo que fai un chamamento a todos aqueles homes interesados en practicar un deporte de equipa diferente, dinámico e moi completo.  

 Os adestramentos teñen lugar os luns ás 20:00 horas no campo do Regatiño, en Goián, e os mércores ás 20:00 horas no campo da Sangriña, na Guarda. Poden participar tanto mulleres como homes a partir dos 14 anos e non é preciso ter coñecementos previos de fútbol gaélico.  

Que é o fútbol gaélico? 

 O fútbol gaélico é un deporte de orixe irlandesa que combina elementos de diferentes deportes de balón e no que se xoga tanto coas mans como cos pés. É unha disciplina moi dinámica, na que se suceden continuamente carreiras, pases, golpeos e lanzamentos.  

 O obxectivo é conseguir puntos nunha portería formada por dous postes altos cunha portería de fútbol na súa parte inferior. Introducir o balón na rede supón tres puntos, mentres que facelo pasar por riba do traveseiro e entre os dous postes supón un punto.  

 Gróvias anima a todas as persoas interesadas en coñecer este deporte a achegarse aos adestramentos e descubrir unha disciplina que continúa medrando no Baixo Miño e no conxunto de Galiza.

A GUARDA

O CONCELLO DA GUARDA FAI UN CHAMAMENTO Á VECIÑANZA PARA EVITAR O VERTIDO DE PANIÑOS HÚMIDOS E OUTROS RESIDUOS POLO INODORO  

Os atrancos no sistema de saneamento obrigaron nas últimas semanas a duplicar a limpeza dos filtros, provocando tamén danos e custos adicionais no funcionamento da instalación  


Estado que presenta un dos filtros da rede de saneamento do Concello de A Guarda, totalmente saturado de paniños e papel hixiénico húmidos
Foto: CAG

Infogauda/A Guarda

 O Concello da Guarda fai un chamamento á concienciación e á colaboración da veciñanza para realizar un uso responsable do sistema de saneamento e evitar o vertido de paniños e papel hixiénico húmido, e outros residuos polo inodoro, “unha práctica que está a ocasionar importantes problemas no correcto funcionamento das instalacións”.  

 Segundo vén de comunicar el goberno municipal  “durante a tempada de verán, a limpeza dos filtros do sistema de saneamento realízase con normalidade unha vez por semana. Porén, nas últimas semanas estanse a detectar atrancos e acumulacións de residuos que están obrigando a incrementar estas actuacións, chegando a ser necesario realizar a limpeza dos filtros ata dúas veces en menos de sete días.  

 A presenza de toallitas e outros materiais no sistema provoca a formación de tapóns e dificulta o normal funcionamento das instalacións. Esta situación pode derivar en vertidos, avarías e danos nos diferentes compoñentes do sistema, ademais de xerar un importante custo económico asociado ás reparacións. De feito, recentemente foi necesario acometer a reparación dunha das bombas do sistema como consecuencia dos problemas derivados destes residuos”.  

 O Concello lembra que “as toallitas non deben tirarse polo inodoro, aínda que algúns produtos se comercialicen como “biodegradables” ou “aptos para o inodoro”. Estes materiais non se desfán coa mesma facilidade nin no mesmo tempo que o papel hixiénico convencional e poden acumularse ao longo do percorrido polo sistema, provocando atrancos e afectando o funcionamento das instalacións.  

 Do mesmo xeito, tampouco se recomenda tirar polo inodoro o denominado papel hixiénico húmido, xa que precisa máis tempo para desfacerse do que tarda en realizar o seu percorrido polo sistema de saneamento, podendo contribuír igualmente á formación de tapóns e acumulacións.  

 A problemática ten tamén unha importante dimensión ambiental. As toallitas e outros residuos que chegan ao sistema de saneamento poden provocar vertidos e supoñen un impacto sobre o medio ambiente, ademais de incrementar os recursos necesarios para o mantemento e funcionamento das instalacións.

 Por este motivo, dende o Concello da Guarda solicitamos a colaboración e responsabilidade da veciñanza, lembrando que polo inodoro só debe botarse papel hixiénico. As toallitas, o papel hixiénico húmido, produtos de hixiene, algodóns, bastoncillos e outros residuos deben depositarse no colector correspondente e nunca no inodoro”.  

 Desde a área de Medio Ambiente do Concello de A Guarda, que por delegación da alcaldía, está asignada ao concelleiro Óscar Alonso Alonso, indican finalmente que “o Concello continuará realizando as tarefas de supervisión, limpeza e mantemento necesarias para garantir o correcto funcionamento do sistema, pero lembrando que a prevención e a colaboración cidadá son fundamentais para evitar que residuos que non deben chegar á rede de saneamento ocasionen problemas no seu funcionamento”. 

A GUARDA

A BIBLIOTECA PÚBLICA MUNICIPAL DA GUARDA AMPLIARÁ E ACTUALIZARÁ OS SEUS FONDOS BIBLIOGRÁFICOS  

O Concello da Guarda foi beneficiario de dúas subvencións da Xunta de Galicia por un importe total de 3.151,54 euros  para a adquisición de novidades editoriais e a mellora das coleccións bibliográficas  


Biblioteca Pública Municipal da Guarda
Foto: CAG

Infogauda/A Guarda

 A Biblioteca Pública Municipal da Guarda continuará avanzando na mellora e actualización dos seus fondos bibliográficos grazas á concesión de dúas subvencións da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia, por un importe total de 3.151,54 euros.  

 En concreto, a Biblioteca foi beneficiaria de 1.084,47 euros correspondentes ao Programa A, destinado á adquisición de novidades editoriais. Esta liña de axudas ten como finalidade facilitar que as bibliotecas públicas e/ou axencias de lectura poidan poñer á disposición das súas persoas usuarias as novidades editoriais en galego no momento da súa entrada no mercado, mediante a adquisición de libros en formato físico.  

 A esta contía súmanse os 2.067,07 euros do Programa B, dirixido á mellora das coleccións bibliográficas das bibliotecas públicas e/ou axencias de lectura. Esta subvención permitirá actualizar e ampliar os fondos existentes, contribuíndo a ofrecer unha colección máis completa, diversificada e actual e facilitando ao persoal técnico bibliotecario a mellora do servizo que se presta á cidadanía.  

 Os libros adquiridos ao abeiro destas subvencións iranse incorporando progresivamente ao catálogo da Biblioteca Pública Municipal da Guarda. Antes de ser postos á disposición das persoas usuarias, os exemplares deberán completar o correspondente proceso técnico de catalogación, clasificación e preparación, polo que a súa incorporación á colección será gradual.  

 Con esta nova adquisición de fondos, a Biblioteca Pública Municipal da Guarda continúa avanzando na actualización da súa colección e no fomento da lectura, facilitando o acceso da veciñanza a novos títulos e contribuíndo á promoción da lectura e da cultura galega.

CAMINHA

Câmara Municipal de Caminha vai avançar com projeto de videovigilância 

 Para reforçar segurança no Centro Histórico


Centro Histórico da vila
Foto: MdeC

Infogauda/Caminha

 A Câmara Municipal de Caminha está a desenvolver um projeto de videovigilância para o Centro Histórico da vila, uma medida destinada a reforçar a segurança, prevenir atos de vandalismo e apoiar o trabalho das autoridades na identificação e responsabilização dos autores de comportamentos ilícitos. O anúncio foi feito pela presidente da Câmara Municipal, Liliana Silva, durante a reunião do executivo realizada esta quarta-feira, na sequência das preocupações manifestadas relativamente a vários episódios de violência e vandalismo registados durante a época balnear.

 Entre as ocorrências referidas encontram-se agressões, danos em propriedades privadas, destruição de mobiliário urbano e atos de vandalismo em espaços públicos, situações que geraram inquietação junto da população, comerciantes e visitantes. A autarca reconheceu que se trata de uma preocupação deste executivo e garantiu que o Município está a trabalhar em soluções concretas que contribuam para reforçar a sensação de segurança e a proteção do espaço público.

 A intenção é que o sistema esteja instalado e em funcionamento antes do verão de 2027.

 A presidente da Câmara sublinhou que a videovigilância não é, por si só, uma solução para eliminar comportamentos desajustados, mas acredita que constituirá uma importante ferramenta de prevenção e dissuasão. Além de desencorajar a prática de atos ilícitos, permitirá uma resposta mais eficaz das autoridades na identificação dos responsáveis e no apuramento de ocorrências.

 Com este projeto, a Câmara Municipal de Caminha reafirma o seu compromisso com a segurança, a qualidade de vida e o bem-estar da população, continuando a trabalhar em estreita colaboração com as autoridades e entidades competentes para garantir que o Centro Histórico de Caminha seja um espaço seguro, acolhedor e atrativo, conciliando a atividade turística da vila com a tranquilidade e qualidade de vida da população.

CAMINHA

Caminha participa na X edição do Olympics 4 All em Ponte da Barca


A participação de Caminha nesta décima edição reafirma o compromisso do Município com a promoção do envelhecimento ativo
Foto: MdeC

Infogauda/Caminha

 Desde terça-feira, Ponte da Barca acolhe a X edição do Olympics 4 All, uma iniciativa que reúne cerca de 300 participantes dos diferentes concelhos do distrito de Viana do Castelo, entre os quais um grupo representativo do concelho de Caminha.

 Ao longo de quatro dias, os participantes são convidados a experimentar e competir em diversas modalidades desportivas, promovendo o envelhecimento ativo, a inclusão social e o convívio intergeracional. O programa integra modalidades como petanca, malha, basquetebol, voleibol, futebol, badminton, natação e atletismo, contando este ano, de forma experimental, com a introdução do ténis de mesa.

 A representar o Município de Caminha esteve o Vereador José Leal, que destacou a relevância deste projeto para a promoção da atividade física e do bem-estar da população sénior.

 Mais do que uma competição, o Olympics 4 All assume-se como um espaço privilegiado de encontro, partilha e socialização entre participantes dos diversos concelhos do Alto Minho. 

 A participação de Caminha nesta décima edição reafirma o compromisso do Município com a promoção do envelhecimento ativo, da inclusão e de políticas que incentivam a participação social e o desenvolvimento de hábitos de vida saudáveis junto da população sénior.

VILA NOVA DE CERVEIRA

V Festival da Pizza de Vila Nova de Cerveira com novos sabores e mais animação   

  De 11 a 13 de setembro, na Praça Alto Minho




Irene Pinheiro/Vila Nova de Cerveira 

 Vila Nova de Cerveira volta a transformar-se num pequeno pedaço de Itália com a realização da V edição do Festival da Pizza, de 11 a 13 de setembro, na Praça Alto Minho. Ao longo de três dias, o evento promete reunir gastronomia, cultura, música e animação, num ambiente de rua inspirado no verdadeiro espírito italiano.     

 Depois do sucesso das anteriores edições, o Festival da Pizza regressa com novos sabores, propostas doces e salgadas e uma programação reforçada, convidando cerveirenses, visitantes e amantes da gastronomia italiana a desfrutar de um fim de semana dedicado à pizza e à boa companhia.     

 Entre as novidades desta edição está a pizza doce, que se junta à diversidade de propostas gastronómicas do festival e promete surpreender os visitantes com uma abordagem diferente a uma das especialidades mais emblemáticas de Itália.    

Trofeo Pizzaiolo Alto Minho e novo Trofeo Pizzaiolo Amador  

 A vertente competitiva continua em destaque com mais uma edição do Trofeo Pizzaiolo Alto Minho, competição que já se afirmou como uma das referências do Festival da Pizza, reunindo profissionais e especialistas da arte de confeção de pizza. A grande novidade deste ano é a criação do Trofeo Pizzaiolo Amador, abrindo a competição à participação do público em geral.     

 O novo desafio destina-se a qualquer pessoa que goste de pizza, tenha paixão pela cozinha e considere ter talento para a confeção desta especialidade italiana. A organização pretende, desta forma, aproximar ainda mais o festival da comunidade e proporcionar uma oportunidade para os apaixonados pela pizza mostrarem os seus dotes.     

 A participação no Trofeo Pizzaiolo Amador carece de inscrição.     

Sunset com DJ e música italiana  

 A programação deste ano aposta também em novos momentos de animação. Um dos destaques será o Sunset com DJ e música italiana, que terá como cenário um original bar circular instalado no centro da Praça Alto Minho.     

 A proposta pretende criar um ambiente descontraído e festivo ao final do dia, convidando o público a prolongar a experiência do festival ao som de música italiana e a desfrutar de um espaço pensado para o convívio e para a celebração.     

Abertura com performance do bailarino cerveirense Rubén Sá  

 A cerimónia de abertura, agendada para o dia 11 de setembro, terá também um momento especial de expressão artística, com a participação do bailarino cerveirense Rubén Sá, que protagonizará a performance “Sarà perché ti amo!”.     

 A atuação pretende assinalar a abertura oficial do festival, cruzando a identidade local com o imaginário e a cultura italiana que dão alma ao evento.     

Sérgio Crivelli mantém presença no Festival  

 A qualidade e a tradição da gastronomia italiana continuam a assumir um papel central no evento, com a presença, uma vez mais, do reconhecido chef italiano Sérgio Crivelli.  A sua participação reforça a ligação do festival à verdadeira tradição pizzaiola italiana e constitui um dos momentos de destaque de uma iniciativa que pretende valorizar a pizza enquanto expressão gastronómica e cultural.     

 Ao longo dos três dias, a Praça Alto Minho será, assim, o ponto de encontro para uma experiência que combina gastronomia, música, animação e convívio, num ambiente de rua ao verdadeiro estilo italiano.  Uma organização da Câmara Municipal de Vila Nova de Cerveira em parceria com a Associazione Sapori Italiani e a participação das pizzarias locais Piazza e Di Angelo.     

V Festival da Pizza: sabores, aromas e sonoridades que despertam memórias     

Programa completo em: 

https://bit.ly/FestivaldaPizza26

TOMIÑO

O Concello de Tomiño impulsa a recuperación e dixitalización do seu patrimonio documental cun novo posto de Axudante de Arquivo 

A contratación, dirixida a persoas desempregadas de entre 18 e 29 anos inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, permitirá avanzar na organización dos arquivos municipais e na divulgación da Memoria Tomiñesa  


Casa do Concello de Tomiño
Foto: CT

Infogauda/Tomiño

 O Concello de Tomiño ofertará un posto de Axudante de Arquivo destinado a persoas desempregadas inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, co obxectivo de avanzar na organización, dixitalización e posta en valor do patrimonio documental do municipio.  

 A persoa seleccionada colaborará na recompilación, recuperación, dixitalización, catalogación e clasificación de documentos en diferentes soportes —papel, fotografía, vídeo e son— conservados nos distintos arquivos municipais e na biblioteca municipal Espazo Isaura Gómez. Tamén desenvolverá tarefas relacionadas coa organización dos fondos, a localización e consulta da documentación e a atención das solicitudes realizadas tanto polo persoal municipal como pola cidadanía.  

 Entre as súas funcións estará igualmente a creación de contidos a partir de material de interese histórico e documental, así como a resolución de consultas relacionadas con estes fondos, incluídos os da Casa do Tempo de Sobrada.  

Requisitos para participar  

Para poder optar ao posto é necesario:  

 Ter entre 18 e 29 anos. 

Estar en situación de desemprego e inscrita/o como demandante de emprego no Servizo Público de Emprego de Galicia. 

 Contar con algunha das seguintes titulacións: 

Grao en Xestión Cultural. 

Grao en Historia / Xeografía e Historia. 

Grao en Filoloxía Clásica. 

Grao en Xestión Dixital de Información e Documentación. 

Grao en Dirección e Xestión Pública. 

Estar inscrita/o como beneficiaria/o no ficheiro do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia. A iniciativa permitirá mellorar a organización da documentación física existente nos arquivos municipais, avanzar na súa dixitalización e facilitar o acceso da cidadanía a estes fondos. Ao mesmo tempo, contribuirá á resolución de consultas relacionadas coa historia local e á creación de novos contidos para a divulgación da Memoria Tomiñesa.  

 As persoas que cumpran os requisitos e estean interesadas en participar deberán inscribirse, a través da súa oficina de emprego, no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, indicando o código de ocupación 37331012, “Axudante de Arquivo”.  

 A contratación conta coa subvención da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, polo que o proceso selectivo se realizará exclusivamente a través do Servizo Público de Emprego de Galicia entre as persoas desempregadas que cumpran os requisitos establecidos.  

 Coa posta en marcha deste servizo, o Concello de Tomiño reafirma o seu compromiso coa organización e conservación da documentación municipal, ao tempo que promove a recuperación e divulgación da súa historia, o seu patrimonio documental e a memoria colectiva da veciñanza.

TUI

A programación do Setembro Xudeu continúa o luns cunha conferencia de Suso Vila   

Baixo o título de "Amores y desdichas en tiempos de la Inquisición: disidencia y matrimonio en la comunidad cristiano nueva en la frontera galaico-portuguesa” terá lugar ás 20 h na igrexa de San Domingos 



Infogauda/Tui

 O próximo luns, 7 de setembro, ás 20 h a igrexa tudense de San Domingos acollerá, ao abeiro do programa de actividades do “Setembro xudeu”, unha conferencia do historiador Jesús Manuel Vila Pérez (Suso Vila) titulada "Amores y desdichas en tiempos de la Inquisición: disidencia y matrimonio en la comunidad cristiano nueva en la frontera galaico-portuguesa."  

 Suso Vila, doutor en Historia da Arte, é un recoñecido historiador tudense cunha alongada traxectoria na investigación sobre a nosa cidade. Ten publicado numerosos libros e artigos sobre a historia tudense e especialmente no que atinxe á presenza xudía na cidade fronteiriza.  

 O propio Suso Vila sinala que "a comunidade cristián nova practicou diversas estratexias para garantir a súa supervivencia fronte a presión social e a persecución inquisitorial. Unha destas estratexias sería a matrimonial para permitir a súa resistencia dentro da sociedade cristián vella. As políticas matrimoniais dos xudeoconversos permitiron o Amor? Qué casos houbo na raia tudense e qué resultados tiveron nun entorno social hostil? 

 Esta conferencia mostrará varios casos de matrimonios nas familias criptoxudías do bispado de Tui, as súas traxedias e tamén a manifestación do amor".  

 Esta conferencia enmárcase na temática da edición 2026 das Xornadas Europeas da Cultura Xudía que teñen como lema Love (o amor). A proposta invita a descubrir o amor como un valor fundamental da tradición xudía: unha forza que une a persoas, comunidades e xeracións, e que se manifesta no diálogo, a transmisión do coñecemento, a solidariedade e o respecto pola diversidade.  

 Suso Vila (Tui, 1973). Doutor en Historia da Arte coa súa tese "Dinámicas urbanas na fronteira do Miño durante o século XIX. Sociedade e arquitectura en Tui e Valença". Máster en Lecturas sobre a Cidade Histórica. Arte, Patrimonio Cultural e a súa xestión (USC). Posgrao en Historia, Teoría e Método das Humanidades e as Ciencias Sociais (USC), licenciado en Historia pola UNED.  

 Ten investigado e publicado diferentes libros de arte, historia e antropoloxía sobre a cidade de Tui e a fronteira do Miño. Obtivo o segundo premio da Historia Medieval de Galicia e Portugal 2008 pola súa obra "A cidade de Tui durante a Baixa Idade Media", e primeiro premio de Historia Medieval de Galicia e Portugal 2009 pola súa investigación "A Casa de Soutomaior 1147-1532". Forma parte do Grupo de investigación HAAYDU (GI-1510) da Universidade de Santiago de Compostela e da Rede sefardita hispano-lusa Ner Tamid.  

 Para a concelleira de Turismo e Patrimonio do Concello de Tui, Ana María Núñez Álvarez, esta conferencia a cargo dun acreditado especialista como o historiador Suso Vila contribuirá ao coñecemento da presenza destas comunidades criptoxudias ou de cristiáns novos na nosa cidade e que forman parte da nosa memoria colectiva e dos aspectos inmateriais do noso patrimonio que o Concello promove o seu coñecemento e conseguinte valorización.   

TUI

O Concello de Tui destina 43 mil euros a subvencións a asociacións musicais e bandas de gaitas  

As solicitudes poden presentarse dende hoxe venres e até o 18 de setembro  


Casa do Concello de Tui
Foto: CT

Infogauda/Tui

 Dende hoxe venres, 4 de setembro, e até o venres 18 deste mes ás 23.59 h, está aberto o prazo para que as asociacións musicais e bandas de gaitas tudenses presenten a súa solicitude á convocatoria de subvencións para a realización de actividades e gastos de funcionamento neste ano 2026.  

 Poderán optar a estas subvencións as asociacións musicais ou bandas de gaitas que realicen actividades de índole musical existentes no Concello de Tui que cumpran tanto os requisitos xerais como os específicos da convocatoria.  

 O importe da consignación ascende a un total de 43.000,00 €. A subvención concedida a cada agrupación non poderá superar os 15.000,00 € nin o 80% do proxecto ou gastos subvencionables.   

 As bases completas destas convocatorias poden consultarse na sede electrónica do concello de Tui, na web municipal en tui.gal,  e o extracto no BOPPO de onte xoves, 3 de setembro. As solicitudes poden presentarse dende hoxe venres e até  o 18 de setembro.    

 Convocatoria subvencións para a realización de actividades e gastos de funcionamento de asociacións musicais e bandas de gaitas  

 Anexo I Bandas  

 Anexo II Bandas  

Anexo III Bandas  

Anexo IV Bandas  

TUI

A Aula CEMIT de Tui acollerá o sábado, 12 de setembro, un obradoiro do XI Scratch Day    

Vai dirixido á rapazada de 7 a 15 anos acompañada dunha persoa adulta  




Infogauda/Tui

 A Aula CEMIT de Tui acollerá por segundo ano consecutivo un dos obradoiros do XI Scratch Day. A cita será o próximo sábado, 12 de setembro, de 9.30 h a 14 h. A actividade vai dirixida a rapazada con idades entre os 7 e os 15 anos acompañados dunha persoa adulta.   

 O obradoiro comezará cunha introdución á programación de videoxogos arcade con MakeCode abordando o deseño de personaxes pixelados, movemento, lanzamento e interacción de obxectos, e combinación das funcións anteriores para crear un videoxogo básico. A segunda parte do seminario centrarase na robótica co deseño e programación dun ventilador e a combinación de engrenaxes para aumentar ou reducir a súa velocidade de xiro. Amais levarase a cabo o deseño e programación dun vehículo capaz de reaccionar a diferentes estímulos, como a luz, o son ou a presenza de obstáculos.  

 A participación é gratuíta. As prazas son limitadas, a inscrición pode realizarse en aquí.  

 Os obradoiros do XI Scratch Day están organizados por AMTEGA,  a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, en colaboración co CPETIG, Colexio Profesional de Enxeñería Técnica en Informática de Galicia, e neste caso conta coa colaboración do Concello de Tui.

O PORRIÑO

O PSOE denuncia que Lorenzo utiliza un «préstamo pantasma» de 3,9 M€ para inflar o orzamento 

Os socialistas votarán en contra dunhas contas baseadas nunha operación de crédito aínda inexistente, aínda que apoiarán o crédito para o saneamento no intre no que volte ao Pleno coas ofertas bancarias, condicións pechadas e obras concretadas 


David Alonso Bargiela e Estela María Táboas González, integrantes do Grupo Municipal do PSdeG-PSOE na Corporación Municipal do Porriño
Foto: GMS

Infogauda/O Porriño 

 O Grupo Municipal do PSdeG-PSOE votará en contra do proxecto de orzamento, presentado polo Goberno de Alejandro Lorenzo, ao incorporar unha previsión de préstamo de 3,9 millóns de euros, que aínda non están solicitados. 

 Na documentación entregada aos grupos municipais non constan ofertas das entidades financeiras, non se identifica entidade bancaria, non se coñecen o tipo de xuros, o prazo de devolución, as comisións ou as cotas anuais e tampouco está determinado o custo total que deberá asumir o Concello. 

 Por tanto, neste Pleno non se aproba nin se contrata o préstamo. O PP limita a votación a incluír unha previsión contable dentro do orzamento, para elevar a cifra global ata os 26,8 millóns e presentala públicamente como un récord

 O alcalde está vendendo fume, cunha financiaciación que nin sequera licitou públicamente; xa que o préstamo supera o importe do 10% do orzamento municipal. O que existe é unha cifra escrita nun documento” explica o portavoz socialista, David Alonso. 

 O PSOE tamén advirte de que os 3,9 millóns aparecen vinculados xenéricamente ao saneamento, pero sen unha relación suficientemente concreta das obras, as parroquias beneficiarias, o custo de cada actuación ou os prazos de execución. “Os veciños non poden conectar as súas casas a unha previsión contable. Precisan proxectos, tubaxes, datas e obras executadas e nada diso queda garantido pola aprobación deste orzamento” sinala Alonso.

Voto contrario ao engano, non ao saneamento 

 O Grupo Municipal Socialista deixa claro que o seu voto contrario non se dirixe contra as obras de saneamento, senón contra a utilización política que o alcalde fai dunha operación financeira que aínda terá que tramitarse posteriormente. 

 Cando o Goberno local solicite e compare as ofertas bancarias, determine as condicións da operación e leve novamente ao Pleno o expediente de concertación do crédito, o PSOE votará favorablemente se o préstamo está destinado a actuacións concretas e presenta condicións asumibles para o Concello

 “Non pedimos que retiren o saneamento do orzamento. O que non imos facer é avalar un cheque en branco, baseándonos sómentes na palabra de Alejandro Lorenzo. Cando o préstamo volva ao Pleno cun banco, unhas condicións económicas claras e unha relación concreta de obras, votaremos a favor” comprométese David Alonso. 

Unha desconfianza baseada nos antecedentes 

 Os socialistas consideran, que o historial de anuncios económicos contraditorios do Goberno municipal obriga a actuar con prudencia. En marzo, Lorenzo anunciou un superávit próximo aos sete millóns de euros. Agora, presenta como un novo éxito, un orzamento que incorpora case catro millóns de futuro endebedamento para financiar unha competencia municipal básica. “Se os sete millóns estaban dispoñibles, debe explicar por qué agora quere pedir catro millóns prestados. E se estaban comprometidos e non podían empregarse, ten que explicar por qué os presentou como un enorme superávit da súa xestión”, afirma o concelleiro socialista. 

 Para o PSOE, esta contradición impide aceptar como garantía suficiente un novo anuncio do alcalde, sin documentación que o respalde. “A experiencia desta lexislatura ensinounos que entre os anuncios de Lorenzo e a realidade final adoita existir unha enorme distancia. Por iso non lle pedimos promesas: pedímoslle expedientes, ofertas, condicións, proxectos e prazos”, sostén o portavoz socialista.

O intento de enfrontar á oposición cos veciños 

 A intención do PP e facer ver que, si a oposición non acepta todo o orzamento, o alcalde o aprobará coa súa maioría, facendo responsables aos socialistas de tentar bloquear o saneamento. Iso é rotundamente falso, xa que este préstamo terá que volver ao Pleno, onde o PSOE sí votará a favor do financiamento e das obras, cando estén debidamente proxectadas. Este é o xogo de Alejandro Lorenzo, enrevesar cuestións para enfrontarnos cos veciños. O nosos votos non impiden aprobar as contas, nin eliminan a previsión para saneamento. O que non faremos é prestarnos ao engano de presentar como executadas, unhas obras que nin sequera teñen aínda o préstamo concertado” conclúe David Alonso.

PONTEVEDRA

A Deputación aproba destinar 320.000 € do Plan +Provincia para os concellos de Barro, A Guarda e Moraña 

 Barro contará con 75.000 € para o proxecto de ampliación do saneamento en Parada, A Guarda con 105.000 € para a urbanización da prolongación da rúa Baixo Muro e a conexión coa rúa Ireira, e Moraña con algo máis de 130.000 € para a eliminación da fosa séptica de Paraños, a execución da EBAR e a conexión á rede de saneamento


Un momento da Xunta de Goberno celebrada no Pazo provincial na mañá deste venres, 4 de setembro
Foto: J.Philippot

Infogauda/Pontevedra

 A Deputación de Pontevedra aprobou este venres na Xunta de Goberno tres achegas por valor de 320.000 euros para os concellos de Barro, A Guarda e Moraña no marco do Plan +Provincia 2026-2027. O presidente provincial, Luis López, anunciou que Barro contará con 75.000 € para o proxecto de ampliación do saneamento en Parada, na Portela, A Guarda con 105.000 € para a urbanización da prolongación da rúa Baixo Muro pola Congostra - como é coñecida polas persoas de maior idade, veciñas desa contorna - e a conexión coa rúa Ireira, e Moraña con algo máis de 130.000 € para a eliminación da fosa séptica de Paraños, a execución da EBAR e a conexión á rede de saneamento.

 Máis polo miúdo, os 75.000 euros que recibirá o Concello de Barro permitiranlle dotar de servizo de saneamento de augas residuais aos veciños do lugar, deseñando o trazado dos colectores necesarios para recoller os vertidos que orixinan as vivendas, que se fará en función da orografía da zona cara á EDAR de Portela. Ademais, no tramo de Bretoña, na parroquia de Curro, completarase o saneamento cun pequeno ramal.  

 Pola súa banda, A Guarda ten por obxectivo humanizar a rúa Baixo Muro co obxectivo de mellorar a calidade dos espazos para o peón e a posta en valor do casco histórico e do patrimonio cultural da vila. A lonxitude da actuación e de aproximadamente 30 metros, desde o fondo de saco - en realidade coñecida popularmente como Congostra - da rúa Baixo Muro ata a rúa Ireira. Entre as actuacións destacan a eliminación de barreiras arquitectónicas que faciliten o tránsito a persoas con algunha discapacidade e a dotación dun novo acceso ao casco histórico da vila.

 Por último, en Moraña procederase a eliminar o punto de vertedura da Fosa de Paraño mediante a conexión das augas residuais á EDAR de Moraña. Desta maneira, as actuacións inclúen a construción dun pozo de bombeo para impulsar as augas residuais recollidas neste punto ata a rede de saneamento existente; a instalación dunha condución de impulsión para conexión á EDAR e a eliminación da fosa existente.  

 “Seguimos desta maneira, como todas as semanas, avanzando no reparto dos 85 millóns de euros cos que conta este plan, que é unha peza vital para que a nosa provincia siga mellorando e se poidan prestar servizos públicos de calidade”, afirmou o presidente provincial.

ARCOS DE VALDEVEZ

Agrupamento de Escolas promoveu sessão de boas vindas a professores   


A sessão decorreu no auditório da EB 2,3/S com a presença do Presidente da Câmara Municipal, Olegário Gonçalves, acompanhado pela Vereadora da Educação, Marlene Barros
Foto: MAdeV

Mónica Mota Lopes/Arcos de Valdevez

 O Agrupamento de Escolas de Valdevez (AEV) organizou uma sessão de boas vindas aos docentes, educadores e formadores que irão integrar o ano letivo de 2026/2027 nas diversas escolas do concelho.  

 A sessão decorreu no auditório da EB 2,3/S com a presença do Presidente da Câmara Municipal, Olegário Gonçalves, acompanhado pela Vereadora da Educação, Marlene Barros, reforçando a proximidade e compromisso com a educação das crianças e jovens arcuenses.  

 No discurso, o autarca salientou o investimento superior a 6 milhões de euros, que engloba o último ano letivo e o que está prestes a iniciar, destacando os apoios aos alunos e famílias, obras e requalificação de estabelecimentos escolares, melhoria de equipamentos, transportes escolares, políticas municipais de promoção de hábitos alimentares saudáveis, desporto e bolsas de estudo.  

 Para o Município, a educação é um dos pilares essenciais para a construção de uma sociedade de futuro, criando oportunidades de crescimento e desenvolvimento do território.  

 O evento contou ainda com a presença da Diretora do AEV, Anabela Araújo, da Presidente do Conselho Geral, Olinda Barbosa, do Presidente da Associação de Pais e Encarregados de Educação, Armando Pereira, do Diretor do Conservatório de Artes de Valdevez, Nuno Brito, e representantes de toda a comunidade educativa.  

 O Município deseja a todos um excelente ano letivo de 2026/2027! 

ARCOS DE VALDEVEZ

Arcos de Valdevez presente na 12ª AgroSemana que decorre até domingo 


O Município de Arcos de Valdevez volta a estar presente na AgroSemana - Feira Agrícola do Norte de Portugal
Fotos: MAdeV

Mónica Mota Lopes/Arcos de Valdevez

 O Município de Arcos de Valdevez volta a estar presente na AgroSemana - Feira Agrícola do Norte de Portugal, em colaboração com a Cooperativa Agrícola de Arcos de Valdevez e Ponte da Barca.  

 A 12.ª edição do certame decorre de 3 a 6 de setembro, na Póvoa de Varzim, reunindo produtores, empresas, entidades e profissionais ligados ao setor agrícola e ao mundo rural, num dos principais eventos de promoção e valorização da agricultura na região Norte.  

 A participação de Arcos de Valdevez insere-se na estratégia de promoção e valorização do concelho, promovendo os produtos e produtores locais, e contribuindo para a divulgação do território e para o reforço da economia local.  

 Esta participação representa também uma oportunidade para estreitar relações com outros agentes do setor, criar novas sinergias e valorizar o importante papel da agricultura e dos produtores locais no desenvolvimento económico e sustentável do concelho.  

 O Município de Arcos de Valdevez convida todos os visitantes da AgroSemana a passar pelo seu espaço.  

 Venha visitar-nos!!

A CRUZADA (A GUARDA)

Derrube do teito do cabanón da leira de Santiagón


    


Proxecto Socheo/A Cruzada (A Guarda)

 Fai uns días caeu o tellado da edificación que facía de pórtico de entrada á leira de Santiagón, nas proximidades da praza de San Queitano, no barrio da Cruzada. Este cabanón foi construído para gardar os apeiros de labranza e para gardar gando que pastaba no seu interior. O paso do tempo e sobre todo a invasión da natureza fixo colapsar o teito desta construción agrícola tan singular.  

 O motivo da caída do seu tellado lévanos a establecer a nosa mirada sobre esta arquitectura tradicional moi coñecida pola xente da Cruzada e totalmente esquecida polos habitantes da Guarda. Afastado de calquera plan de coidado e mantemento convén dedicarlle unhas palabras a este singular predio que acaba de perder a súa forma orixinal e que, probablemente, nunca a volva a recuperar.  

 En primeiro lugar hai que falar onde está situado: a beira do camiño que une San Queitano coa fonte de Santa Catalina. Un camiño de servizo rural que descende con moita pendente e que vertebraba as leiras alongadas e rectangulares que conforman os socalcos perpendiculares á faldra do monte Trega. Baixando á dereita estaban os terreos de cultivo e a esquerda a canteira de onde se extraeu a pedra para o porto da Guarda a comezos do s. XX.  

 A propiedade das leiras ao pe da Praza de San Queitano tamén recaía en familias con poder económico. Eran fincas de grandes superficies e concretamente esta era de una familia da zona da alameda-Salcidos: o propietario chamábase tío Santiagón. A distancia entre ambas zonas era grande e sería moi laborioso o traslado de ferramentas cada vez que se precisara traballar a terra polo que volveuse unha necesidade construír algo para este tipo de almacenaxe. Esta finca estaba moi ben delimitada con muros altos polo que esta construción tamén servía de entrada ao recinto.  

 A construción é moi básica pero con bastantes atractivos. Está nunha esquina da finca e delimitada por dos muros moi altos. Maiormente está realizada en pedra con bastante pericia na técnica tradicional da “pedra seca”. O espazo interior desta habitáculo se caracterizaba por se moi alto, de máis de 3 metros. Tiña tres vanos con tirantes formadas por grandes pedras e ladrillos. Eran aberturas de gran amplitude que comunicaban tres niveis de cota: a entrada do camiño, onde estaría a porta. Unha vez dentro había dúas aperturas; un que comunicaba a gabia onde estaban os viñedos e outra que ía ao terreo superior da leira. E, finalmente, está o tellado do edificio feito con ladrillo. Esta combinación de materiais, pedra e ladrillo, lévanos a situar a súa construción nos anos 20. Non existen moitas construcións semellantes. Moi cerca estaba un pequeno caseto da canteira mais a tipoloxía parécese a un alpendre da zona rural.  

 Todos estas leiras que conformaban estas terrazas da Cruzada estiveron cultivadas ate os anos 70. A partires deste momento o país comezou a abandonar o campo para dedicarse a outros sectores. Isto fixo que toda esta zona fose devorada pola natureza e fauna (xabarís, raposos…). Herbas, silveiros, enredadeiras foron menoscabando as paredes. O volume das ireiras fíxose insostible. Nas últimas décadas ameazaba ruína co perigo que iso supoña. O cabanón da leira de Santiagón sempre pasou desapercibido ate o de agora. Ninguén o apreciou, nunca estivo en catálogos, nunca foi considerado como patrimonio… Foi unha construción fronteiriza, de comunicación de dous mundos (o rural e o mar), unha tipoloxía adaptada ao territorio e que tivo que facer fronte a unha funcionalidade agropecuaria moi concreta. En definitiva, que sempre nos damos conta do valor das cousas ata que o perdemos.

CAMINHA

 Cinema+Perto   

04 de setembro,  “Festival de Cans” [Galiza] ás 21:45 no Teatro Valadares




Locus Cinemae/Caminha

04 de setembro,  “Festival de Cans” [Galiza] – exibição de filmes em competição na edição deste ano 

Local: Teatro Valadares      

TUI

Regresa o proxecto Espazos Efémeros, con novas edicións nos territorios dos GDR Galicia Suroeste, Límia Arnoia e Ulla – Tambre Mandeo  

 Tui acollerá entre o 9 e o 12 de outubro o primeiro Espazo Efémero para impulsar o comercio, o produto local e o emprendemento rural  

  Galicia Suroeste abre o prazo para que empresas, artesáns, produtores, artistas e persoas emprendedoras soliciten participar no primeiro Espazo Efémero desta nova edición

   

Foto: Cedida

Infogauda/Tui

 Tui será o punto de partida da nova edición de Espazos Efémeros, o proxecto de cooperación interterritorial que busca crear novas oportunidades para o comercio, o emprendemento e a produción local a través da activación temporal de espazos e dunha programación que combina actividade comercial, cultura e dinamización social.  

 O primeiro Espazo Efémero desta segunda edición celebrarase do 9 ao 12 de outubro de 2026 en Tui, na praza da Inmaculada. A iniciativa está organizada pola Asociación de Desenvolvemento Galicia Suroeste Eurural, en colaboración co Concello de Tui.  

 O obxectivo é reunir nun mesmo espazo diferentes iniciativas vinculadas ao territorio para que poidan dar a coñecer a súa actividade, comercializar produtos ou servizos, realizar demostracións, degustacións ou desenvolver propostas que permitan establecer un contacto directo co público. Un escaparate para novas iniciativas e negocios do territorio.  

 Espazos Efémeros xurde como unha ferramenta de dinamización que vai máis alá dun evento comercial convencional. O proxecto pretende utilizar temporalmente diferentes espazos para crear puntos de encontro entre empresas, produtores, persoas emprendedoras, cidadanía e visitantes, favorecendo ao mesmo tempo a comercialización, a cooperación e a visibilidade das iniciativas locais. Nesta nova edición participan os grupos de desenvolvemento rural AD Galicia Suroeste Eurural, AD Limia-Arnoia e ADR Ulla Tambre Mandeo, que durante 2026 e 2027 desenvolverán diferentes accións para avanzar na creación dunha rede de espazos temporais sostibles vinculados ao comercio, á cultura e ao emprendemento rural.  

 As persoas e entidades interesadas en participar no Espazo Efémero de Tui, que contará con 16 postos, poden realizar xa a súa inscrición por correo electrónico a través de info@eurural.gal ata o día 24 de setembro de 2026. A documentación e os formularios necesarios para participar están dispoñibles na web de Galicia Suroeste, no apartado dedicado ao proxecto Espazos Efémeros 2: https://galiciasuroeste.gal/proxectos/espazos-efemeros-2     

 Unha vez pechado o prazo, as solicitudes serán valoradas de acordo cos criterios establecidos nas bases, onde se valora especialmente a calidade e presentación dos produtos ou servizos, a súa vinculación co territorio, a autenticidade e orixinalidade das propostas e a incorporación de criterios de sostibilidade.  

 A organización facilitará ás iniciativas seleccionadas o espazo necesario para presentar a súa proposta e complementará a actividade comercial cunha programación cultural, musical e gastronómica destinada a favorecer a afluencia de público e converter o espazo nun punto de encontro durante os catro días.  

 O Espazo Efémero abrirá as súas portas o venres 9 de outubro. A programación completa de actividades culturais, gastronómicas e de dinamización darase a coñecer nas semanas previas á celebración do evento.  

 Este proxecto de cooperación interterritorial LEADER desenvólvese no marco da PEPAC 2023-2027 e conta con financiamento da Unión Europea – Feader, do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación e da Xunta de Galicia.