27 de ago. de 2026

TUI

Curso de dixitalización para persoas maiores na Aula CEMIT de Tui en outubro   

  Celebrarase os luns e xoves de 10 a 12.30 h con catro sesións 


Infogauda/Tui

 A Aula CEMIT de Tui, situada no edificio Francisco Sánchez, acollerá o próximo mes de outubro un curso de dixitalización para persoas maiores baixo a denominación de “Mellor Acompañad@”.  O curso, que ten carácter gratuíto, está organizado polo Concello de Tui e será impartido pola Fundación Amigos de Galicia.  

 Terá lugar o luns 19, xoves 22, luns 26 e xoves 29 de outubro de 10 a 12.30 h.  

 Ao longo de catro sesións, de dúas horas e media cada unha, as persoas participantes aprenderán o uso práctico do móbil co WhastApp, videochamadas, GPS e localización, organización de contactos e fotografías, entre outras…Tamén abordará a realización de operacións bancarias a través dun simulador de caixeiro automático con práctica de operacións habituais e recomendacións para realizar estas xestións con maior seguridade.  Neste curso tamén se introducirá ás persoas asistentes na realización de xestións sanitarias e administrativas como a aplicación do SERGAS, trámites frecuentes ou o uso da Chave 365.  

 Amais en cada sesión haberá un tempo específico para a resolución de dúbidas das persoas participantes.  

 As persoas interesadas poden inscribirse no teléfono 670 24 56 33 mediante chamada, mensaxe de Whastapp ou SMS de luns a venres de 9 a 14 h.  Ofértanse un máximo de 20 prazas. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario