1 de ago. de 2026

ESPOSENDE

Presentación do número 18 da revista Nova Ardentia e homenaxe a Ivone Baptista Magalhães  


A sesión reuniu familiares, amizades e diversas personalidades do ámbito cultural e institucional, que quixeron sumarse a este recoñecemento en homenaxe póstuma á doutora Ivone Baptista Magalhães, compartindo lembranzas e testemuños sobre a súa traxectoria persoal e profesional
Fotos: Museu Marítimo de Esposende



Ricardo Rodríguez Vicente/Esposende 

 O Museo Marítimo de Esposende acolleu a presentación do número 18 da revista Nova Ardentia, publicación editada por Culturmar, nun acto que estivo marcado tamén pola emotiva homenaxe á doutora Ivone Baptista Magalhães.

 A sesión reuniu familiares, amizades e diversas personalidades do ámbito cultural e institucional, que quixeron sumarse a este recoñecemento póstumo compartindo lembranzas e testemuños sobre a súa traxectoria persoal e profesional. Ao longo das distintas intervencións púxose en valor a súa dedicación, o seu compromiso e o legado que deixou na comunidade.  

 O Concello de Esposende participou igualmente nesta homenaxe, sumándose a un acto de memoria e gratitude que serviu para lembrar e celebrar a figura dunha muller que deixou unha fonda pegada na vida cultural e social do municipio.

 A presentación da nova edición de Nova Ardentia converteuse así nunha ocasión para poñer en valor tanto o labor divulgativo da revista como a memoria dunha personalidade que continúa a ser referente para a comunidade esposendense.

Ningún comentario:

Publicar un comentario