27 de ago. de 2026

DEPORTES

A GUARDA PREPÁRASE PARA A CARREIRA PEDESTRE DA VIRXE DA GUÍA

A proba celebrarase este domingo, 30 de agosto, ás 18:00 horas, con categorías para todas as idades e premios para os primeiros clasificados  

As inscricións permanecen aínda abertas en asociacionfestasdaguia@gmail.com e tamén o propio día da proba ata ás 17:30 horas na praza da Guía  




Infogauda/A Guarda

 As Festas da Virxe da Guía organizan un ano máis, en colaboración co Concello da Guarda, a Carreira Pedestre, que terá lugar este domingo, 30 de agosto, ás 18:00 horas, na contorna da praza da Guía.  

 A proba está aberta tanto a atletas de todas as idades como a persoas que queiran gozar dunha tarde de deporte e convivencia. A competición contará con categorías masculinas e femininas, desde os máis pequenos, de 0 a 3 anos, ata a categoría de maiores de 51 anos.  

 As inscricións continúan abertas e poden realizarse a través do correo electrónico asociacionfestasdaguia@gmail.com. Ademais, será posible inscribirse o propio domingo na praza da Guía ata ás 17:30 horas.  

 A organización repartirá trofeos aos tres primeiros clasificados de cada categoría, ademais de recoñecer á gañadora absoluta feminina e ao gañador absoluto masculino. Todos os participantes recibirán unha medalla, incluídos os das categorías infantís ata a de 7 a 9 anos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario