28 de ago. de 2026

A GUARDA

O CONCELLO DA GUARDA PROHIBE TEMPORALMENTE O BAÑO NA PRAIA DO FORTE POR CONTAMINACIÓN MICROBIOLÓXICA   

A medida permanecerá vixente ata que a contraanálise confirme que a calidade da auga volve cumprir cos parámetros sanitarios establecidos para garantir un baño seguro 

 


Infogauda/A Guarda

 Na mañá deste venres, 28 de agosto de 2026, recibimos na Redacción deste xornal dixital transfronteirizo, a seguinte nota que transcribimos literalmente:

 "O Concello da Guarda informa da prohibición temporal do baño na praia de O Muíño tras recibir unha comunicación da Consellería de Sanidade na que se indica que a última mostra de auga recollida neste areal presenta unha contaminación microbiolóxica que supera os límites establecidos para autorizar o baño.  

 Ante esta situación, e co obxectivo de garantir a seguridade e a saúde das persoas usuarias, o ente municipal procedeu á prohibición do baño nesta praia, medida que xa está en vigor dende hoxe, 28 de agosto, e ata novo aviso.   

 A restrición manterase ata que se coñezan os resultados da contraanálise e se confirme que a calidade da auga volve situarse dentro dos parámetros permitidos pola normativa vixente, permitindo así o baño en condicións de seguridade.   

 O Concello da Guarda informará da evolución desta situación e comunicará o levantamento da prohibición tan pronto como a Consellería de Sanidade confirme que a calidade da auga é apta para o baño". 

Ningún comentario:

Publicar un comentario