22 de xul. de 2026

OIA

O Concello de Oia continúa coas entregas de composteiros e as sesións formativas de compostaxe doméstica   



Infogauda/Oia

 O Concello de Oia continúa coa campaña de compostaxe doméstica, coa que busca fomentar a correcta xestión dos biorresiduos nos fogares e promover prácticas máis sostibles no municipio. 

 A seguinte entrega de composteiros terá lugar o mércores 29 ás 19.00h no Centro Cultural de Pedornes, nunha sesión informativa na que as persoas participantes recibirán formación básica para comezar a compostar no seu fogar. 

 Esta iniciativa permitirá que os veciños e veciñas con pequeno terreo poidan transformar os seus restos orgánicos en abono natural de alta calidade, reducindo así a cantidade de lixo que chega ao colector e contribuíndo a unha economía circular máis eficiente en Oia. 

 O Concello facilitará aos fogares participantes un composteiro de balde, formación e acompañamento, para garantir unha correcta posta en marcha e seguimento do proceso. 

 Nas próximas semanas celebraranse novas sesións en diferentes puntos do municipio, que serán anunciadas a través dos canais oficiais do Concello. A inscrición continúa aberta para aquelas persoas interesadas en participar na campaña. 

 As persoas interesadas poden atopar toda a información actualizada na páxina web: oia.ocaminosostible.gal. Tamén poden contactar a través do teléfono 647 521 464 ou do correo electrónico info@ocaminosostible.gal  

 Esta iniciativa conta co apoio da Xunta de Galicia e o financiamento do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia – Next Generation EU, e forma parte da aposta do Concello de Oia por un modelo de xestión sostible e de proximidade, implicando á cidadanía na redución e valorización dos seus propios residuos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario