PIRAGÜISMO
CINCO MEDALLAS PARA OS TEIXUGOS NA III COPA GALEGA DE PROMOCIÓN DE SLÁLOM
Informa (fotografías e redacción): Rosa Fernández Carrera
O pasado domingo as augas do río Cabe, ao seu paso por Monforte acolleron a III Copa Galega de Promoción de Slálom. Participaron deportistas galegos das categorías infantil, alevín e benxamín. O Club Deportivo Miño-Teixugos, acudiu cun reducido equipo de tan só tres piragüistas, que dominaron nas súas respectivas categorías.
Rita Olveira foi ouro tanto en caiac como en canoa infantil feminina. Seu irmán Roque Olveira tamén foi o gañador en C1 e K1 pero da categoría alevín. Iria Álvarez en benxamín tamén gañou en caiac, non dobrando participación ao non haber canoa ata categoría alevín.
Impresionante balance, con tres participantes e cinco medallas de ouro para os pequenos teixugos.
Na clasificación por equipos o Club Deportivo Miño rematou quinto, con so 42 puntos, polo reducido do equipo participante.
.jpeg)
.jpeg)
Ningún comentario:
Publicar un comentario