20 de xul. de 2026

DEPORTES

PIRAGÜISMO

GRAN PAPEL DOS TEIXUGOS NO CAMPIONATO DE ESPAÑA “JÓVENES PROMESAS” DE SLÁLOM E CAIAC CROSS 

  



Informa (fotografías e redacción): Rosa Fernández Carrera   

 Outra fin de semana de competición para os máis pequenos do Club Deportivo Miño-Teixugos. A localidade de Ponts acolleu o Campionato de España “Jóvenes Promesas” de Slálom e Caiac Cros. Nas augas do río Segre concentráronse máis de douscentos padexeiros das categorías cadete, infantil A e infantil B, procedentes de tódolos puntos de España.       

 O sábado celebrouse o campionato de slálom, comezando cunha baixada de clasificatorias na que os dez primeiros pasaban á final, que se disputou  no mesmo día.       

 En categoría cadete feminina Leila Álvarez e Nerea Álvarez conseguiron entrar nas finais de canoa, onde Nerea rematou cun impresionante quinto posto e Leila foi décima. 

 En K1 Leila quedou a un posto de entrar nas finais, rematando décimo primeira e Nerea foi décimo terceira. Na mesma categoría, Catalina Sánchez rematou décimo sexta en C1 e décimo sétima en K1, e Beatriz Sánchez vixésima e décimo novena.

 En infantil A feminino gran papel de Rita Olveira que entrou nas finais de K1 e C1, rematando quinta nas dúas categorías.       

 A mellor participación dos teixugos firmouna Lois Montenegro que se meteu nas finais de caiac e canoa, rematando sexto en canoa e cuarto en caiac, rozando a medalla de bronce. 

 Na categoría cadete masculino solo Iván Cruz participou en C1 e K1, rematando vixésimo sétimo e trixésimo quinto. Na mesma categoría, pero solo en K1, Izan Vicente foi trixésimo noveno, Alejandro Barreiro cuadraxésimo primeiro e Leo Álvarez cuadraxésimo oitavo.

 O domingo tocoulle ao caiac cros, que comezou coas contra reloxos ou probas individuais para buscar un posto nas loitas. Superaron esta proba Lois, Leila, Nerea, Catalina, Beatriz e Rita.      

 Lois, en infantil A, superou a fase de cuartos de final e caeu en semifinais a consecuencia dunha falta, rematando a proba sétimo.       

 Rita, tamén en infantil A, impúxose na súa serie de semifinais, xa na final non puido repetir a fazaña, rematando cuarta.       

 En categoría cadete feminino, Nerea, Catalina e Beatriz caeron en cuartos de final e Leila chegou a semifinais rematando a proba quinta. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario