31 de xul. de 2026

A GUARDA

ORPAGU e ABANCA  renovan a súa colaboración con financiamento para a sostibilidade e a modernización da frota guardesa  

O convenio ofrece aos palangreiros guardeses un catálogo de produtos e servizos deseñados para abordar os seus retos sectoriais 

Cuestións como a sostibilidade ou a modernización da frota pesqueira gañan protagonismo nun texto que conta coa experiencia da unidade especializada ABANCA Mar   


A colaboración foi asinada esta mañá na Guarda polo vicepresidente da Organización de Palangreiros Guardeses, Antolín Verde, e a directora de zona de ABANCA en Vigo Sur, Ángela Rodríguez

Mar Bermúdez/A Guarda 

 A Organización de Palangreiros Guardeses (ORPAGU) e ABANCA veñen de renovar un ano máis a súa colaboración en materia financeira. Un acordo creado a medida para o colectivo e que vai permitir afrontar os retos aos preto de 80 buques asociados grazas a un catálogo de productos e servizos. 

 A colaboración foi asinada esta mañá na Guarda polo vicepresidente da Organización de Palangreiros Guardeses, Antolín Verde, e a directora de zona de ABANCA en Vigo Sur, Ángela Rodríguez. Logo da firma, os representantes conversaron sobre a situación actual do sector e tamén dos retos. Entre eles, destacan cuestións como a renovación da frota, a falta de relevo xeracional, a aposta pola sostibilidade, e a escalada de custos debido á actual situación xeopolítica, entre outros.  

 Precisamente para ofrecer resposta, o acordo detalla unha serie de solucións de financiamento e crédito adaptadas ao sector, con produtos como a hipoteca naval. A entidade financeira pon a disposición do colectivo unha alternativa dirixida ao financiamento de embarcacións vinculadas á actividade pesqueira e que se compromete coa renovación da frota e o impulso do crecemento sostible.  

 Os palangreiros guardeses terán acceso tamén a produtos destacados do catálogo do banco, como a póliza Multidestino, que permite a financiación de estacionalidades con xuros moi competitivos e sen comisións. 

 Todo iso sen esquecer o resto de produtos e servizos pensados para ofrecer unha resposta integral e múltiples solucións de financiamento adaptadas ás necesidades do   día a día, así como a grandes investimentos. Entre outros, destacan os préstamos persoais sen xuros ou comisións para o aprazamento do pago de impostos ou subvencións, liñas de desconto comercial, leasing mobiliario, avais, confirming ou financiamento de primas de seguros intermediados por ABANCA. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario