O Centro Cultural de A Guarda acollerá o VII Torneo de Petanca Festas do Monte Santa Trega
• Este sábado, 1 de agosto de 2026, ás 16:00 horas, terá lugar nos xardíns do Centro Cultural
Ricardo Rodríguez Vicente/A Guarda
Este sábado, 1 de agosto de 2026, ás 16:00 horas, terá lugar nos xardíns do Centro Cultural de A Guarda o VII Torneo de Petanca Festas do Monte Santa Trega, unha cita deportiva que se disputará na modalidade de tripletas.
O torneo está organizado polo Club de Petanca O Caldeiro e pola Comisión de Festas do Monte Santa Trega, contando coa colaboración da Xunta de Galicia, a Deputación de Pontevedra e o Concello de A Guarda.
A competición reunirá ás persoas afeccionadas á petanca nunha xornada de convivencia e deporte, consolidando esta actividade dentro do programa das Festas do Monte Santa Trega.
A organización lembra ás persoas participantes que a práctica da petanca implica determinados riscos inherentes á actividade, como caídas, tropezos, impactos fortuítos con bolas ou sobreesforzos físicos. Cada participante asumirá estes riscos baixo a súa total e exclusiva responsabilidade.
Desde a organización anímase á veciñanza e ás persoas afeccionadas a achegarse aos xardíns do Centro Cultural de A Guarda para desfrutar dunha tarde de deporte e convivencia.
Ningún comentario:
Publicar un comentario