A CIG-Banca continuará este mércores 3 de xuño en Vigo coa campaña de mobilizacións contra a presión comercial e por unha banca socialmente responsábel
Infogauda/Vigo
A CIG-Banca continuará este mércores 3 de xuño en Vigo coa campaña para rexeitar a presión comercial á que está sometido o persoal e para reclamar unha banca socialmente responsábel “que poña as necesidades da clientela por diante dos beneficios escandalosos que amasa quen xestiona as entidades bancarias”.
Dende a central sindical denuncian que as persoas traballadoras da banca sofren un “auténtico acoso” para colocar produtos financeiros que a clientela non demanda. “Produtos que venden baixo presión, só para encher máis os petos dos bancos”.
Sosteñen que o persoal está sometido a unha cultura empresarial que lembra as seitas, “xa que buscan alienalo cos intereses do banco, cun sistema de obxectivos cambiantes que medran día a día, sen tempo para analizar o que venden nin a quen, con múltiples campañas para colocar produtos financeiros”. E todo isto en base a xornadas “maratonianas” baixo unha “falsa flexibilidade”: os bancos asignan unha carga de traballo imposible de realizar na xornada legal, e nin pagan as horas extra, nin as cotizan, nin as rexistran.
En consecuencia, prodúcese sobrecarga de traballo, obxectivos de vendas crecentes, malos modos ou incluso ameazas para que estes obxectivos se cumpran, “xunto ás esgotadoras xornadas laborais e ao estrés, riscos psicosociais que provocan a morte de 840.000 persoas ao ano, segundo datos da propia Organización Internacional do Traballo (OIT)”. De feito, as enfermidades cardiovasculares causan o 43% dos accidentes laborais mortais (datos do Instituto Nacional de Seguridade e Saúde no Traballo). “Para moitas persoas, traballar nun banco é traballar enfermas, nun entorno que as enferma, e non só é cuestión de presión, senón que están en xogo a súa saúde e as súas vidas”.
Ao mesmo tempo, con estas mobilizacións queren reclamar tamén a readmisión da traballadora do Banco Santander e da delegada da CIG de Abanca despedidas como consecuencia da política de represión sindical que caracteriza as relacións laborais nestas entidades bancarias.
INICIO
10:30 BANCO SANTANDER - Urzáiz, 184 (Calvario)
RUTA
* De 10:35 a 10:40 BANCO SABADELL, Urzáiz 174.
* De 10:40 a 10:45 ABANCA, Urzáiz 207.
* De 10:50 a 10:55 BBVA, Urzáiz, 177.
* De 11:00 a 11:05 ABANCA, Gregorio Espino 27.
* De 11:25 a 11:30 ABANCA, Ecuador 79.
* De 11:35 a 11:40 BBVA, Gran Vía 40.
* De 11:40 a 11:45 BANCO SANTANDER, Gran Vía 32.
* De 11:45 a 11:50 BANCO SABADELL, Venezuela 46.
* De 11:55 a 12:00 ABANCA, Venezuela 24.
* De 12:10 a 12:15 ABANCA, Velázquez Moreno/esq.Progreso.
* De 12:20 a 12:25 BANCO SANTANDER, Príncipe.
* De 12:30 a 12:35 BANCO SANTANDER, Porta do Sol.
* De 12:40 a 12:45 BBVA, Policarpo Sanz 1.
* De 12:45 a 12:50 BANCO SABADELL, Policarpo Sanz 3.
* De 13:00 a 13:10 BANCO SANTANDER, Policarpo Sanz 44. DESPEDIMENTO ANA
* De 13:15 a 13:20 BANCO SABADELL, Colón 26.
* De 13:20 a 13:25 BBVA, García Barbón, 2.
FINALIZACIÓN
13:30 a 14:00 diante de ABANCA - García Barbón, 1-3. DESPEDIMENTO MONTSE

Ningún comentario:
Publicar un comentario