CECILIA CACHEDA, RECIBIDA POR TODO O ALTO NA CASA DO CONCELLO DE LALÍN
Infogauda/Redacción Deportes
Na tarde deste martes, 2 de xuño de 2026, o alcalde do Concello de Lalín, José Crespo Iglesias, e a corporación municipal lalinense, recibiron no salón de plenos, a xogadora internacional Cecilia Cacheda González, natural dese concello.
Con tal motivo, o alcalde de Lalín fixo pública a seguinte declaración:
"En Lalín estamos en hora boa. Esta tarde recibimos a Cecilia Cacheda, campioa europea da EHF European Cup, co seu equipo Atlético Guardés: o primeiro título europeo de balonmán de Galicia. Un logro enorme que enche de orgullo ao noso pobo. O seu talento, esforzo e superación fan dela un exemplo para toda a mocidade. Grazas, Cecilia, por levar o nome de Lalín tan alto".
Cecilia Cacheda agradeceulles o recibimento ao alcalde e a corporación municipal, e fixo entrega dunha camiseta co seu apelido e o dorsal 11, nun emotivo acto no que recibíu os parabens dos representantes municipais, así como unha placa personalizada do Concello de Lalín, e tamén un artístico cadro conmemorativo - asinado polo alcalde José Crespo Iglesias - con motivo de proclamarse campioa da EHF European Cup e subcampioa da Copa de la Reina, temporada 2025/2026.
Tamén foi convidada a asinar no Libro de Honra do Concello, onde Cecilia Cacheda deixou escrito do seu puño e letra o seguinte:
"Moitas grazas por recoñecer sempre o meu traballo. A miña maior victoria sempre será ser de Lalín".




Ningún comentario:
Publicar un comentario