12 de mar. de 2026

DEPORTES

FÚTBOL

1ª Autonómica Grupo 6

O SPORTING GUARDÉS ENFRONTARASE AO C. D. CASELAS

O domingo, 15 de marzo, ás 16:30 horas no Campo municipal A Sangriña



Ricardo Rodríguez Vicente / A Guarda

 O Sporting Guardés recibirá ao C. D. Caselas. Será este domingo, 15 de marzo, ás 16:30 horas no Campo municipal A Sangriña.

 Na que será a xornada 26ª desta tempada 2025/2026 na 1ª FUTGAL - Grupo 6, o Sporting Guardés, situado no chanzo 4º da clasificación preséntase coma favorito, fronte ao C.D. Caselas que a día de hoxe atópase no posto 15º da táboa, eludindo, polo de agora o descenso automático. 

 En todo caso, ainda que as prioridades son ben diferentes para un e outro equipo, o Sporting Guardés debe ter como obxectivo ir na procura dunha vitoria que lle permita manterse na posición actual e non pasar apuros de eiquí ao remate da liga. Ademais, logo do resultado (1-0) da xornada precedente fronte ao Atlántida Matamá, no Penedo da Moo, cabe agardar que os xogadores de Toñete Rodríguez terán ansia de marcar goles na porta visitante.

 Como e natural, o Club Deportivo Caldelas non virá ata A Guarda por ver o mar. Con certeza que a idea dos seus xogadores será dar o callo e procurar facerse con algún dos puntos en xogo.

 A priori, malia a asimetría de ambos os dous equipos, no que respecta á aritmética, temos para nós que o encontro deste domingo vai resultar moi interesante, e todo porque tanto o conxunto local como o visitante teñen motivos para loitar deportivamente pola vitoria.

 Por iso, é de agardar que tanto os seareiros do C.D. Caldelas como os do Sporting Guardés acudan ao campo municipal A Sangriña para animar aos seus xogadores.

Ningún comentario:

Publicar un comentario