12 de mar. de 2026

A GUARDA

INÍCIANSE AS IV XORNADAS DE MEMORIA HISTÓRICA DA GUARDA 

 



José Manuel Domínguez Freitas / A Guarda

 Coa organización do IES A Sangriña e a ARMH do Campo de Concentración de Camposancos e a colaboración da Comunidade de Montes de Camposancos, o vindeiro luns 16 de marzo inícianse as IV Xornadas de Memoria Histórica.  

 Ese día, luns 16, o profesor da Universidade Autónoma de Barcelona David Alegre, nunha charla en liña para o alumnado do IES, falará de “Os asasinos materiais do verán do 36”.  

 O venres 20 de marzo Xulio Prada, catedrático da Universidade de Vigo, impartirá unha conferencia, tanto no IES como na Casa de Montes de Camposancos, titulada “Represión franquista sobre as mulleres”.  

 Lidia Falcón, presidenta do Partido Feminista de España, estará con nós tanto no IES como na Casa de Montes de Camposancos. A súa ponencia leva por título “A situación das mulleres nos cárceres franquistas”.  

 As Xornadas rematarán o martes 24 de marzo coa intervención de Víctor Santidrián, investigador da Fundación 10 de Marzo. No instituto a súa charla leva por título “Clandestinidade”. Pola tarde, na Casa de Montes a súa conferencia versará sobre “Memoria e Presente”.  

 Todas as charlas na Casa de Montes de Camposancos empezaran ás 20:15 horas.  

 Coincidindo coas Xornadas, e durante a semana do 16 ó 20 de marzo, a Exposición Itinerante “As Portas do Horror” estará no IES A Sangriña.

Ningún comentario:

Publicar un comentario